Centre d'Estudis d'Opinió

órgano da Generalitat de Catalunya encargado de realizar enquisas de opinión

O Centre d'Estudis d'Opinió, (en galego, Centro de Estudos de Opinión), tamén coñecido polas súas siglas CEO, é o órgano da Generalitat de Catalunya encargado de realizar as enquisas sobre intención de voto, valoración de partidos e líderes políticos, así como os estudos postelectorais.

Logo

Creación e sede editar

Foi creado por decreto o 11 de xaneiro de 2005, e por lei, como organismo autónomo, o 6 de xullo de 2007.[1]

Ten a súa sede na rúa Pau Claris, 138 de Barcelona. Anteriormente, estas tarefas desenvolvíaas o Instituto de Estadística de Cataluña (IDESCAT).

Funcións editar

Cada ano o CEO realiza catro sondaxes de opinión, o chamado Barómetro de Opinión Política (BOP), que analiza profundamente o comportamento e a evolución das opinións políticas dos cataláns, así como os principais problemas que percibe a cidadanía, a valoración dos partidos políticos e dos seus líderes, as situacións sociolaborais etc. Ademais dos BOP, realiza os Índices de Satisfacción Política (ISP) e outros barómetros como valoración do goberno, debate de política xeral, perfil dos electores dos partidos parlamentarios, así como estudos puntuais como os valores democráticos, 30 anos despois do 15 de xuño de 1977. Taménm eectúa sondaxes da percepción do nivel de vida e das actitudes ante a política, valores básicos, circunstancias vitais e orientacións políticas, entre outros.

O director do CEO é nomeado polo Goberno catalán a proposta do conselleiro de Economía e Finanzas, e conta cun Consello Reitor que se encarga de planificar e programar a súa actividade. O Consello Reitor está constituído por un presidente, tamén nomeado polo executivo a proposta do conselleiro de Economía, e este, ao director, que ten voz pero non voto. Joan Rigol foi o seu primeiro presidente (2007-2011), que foi sucedido por Joan Marcete,[2] e por doce vogais. Oito destes membros deben ser altos cargos da Administración, e os catro restantes expertos escollidos polo Goberno procedentes do ámbito das ciencias políticas, sociais, económicas e da estatística.

O 20 de xuño de 2013 o Goberno español, presidido por Mariano Rajoy, propuxo suprimir, entre outros, este órgano da Generalitat de Catalunya, dentro da prevista reforma das administracións.[3]

Directores do CEO editar

O CEO até o día de hoxe tivo dous directores:[2]

  • Gabriel Colomé (xaneiro de 2005 - xaneiro de 2010).
  • Jordi Argelaguet (xaneiro de 2010 - actualidade).

Notas editar

  1. "El Parlament aprova per unanimitat la llei de creació del Centre d'Estudis d'Opinió" en directe.cat (en catalán). Consultado o 12 de setembro de 2019.
  2. 2,0 2,1 Centre d’Estudis d’Opinió na Gran enciclopèdia catalana. Consultada o 12 de setembro de 2019.
  3. "El govern espanyol planteja suprimir el CEO o el Síndic de Greuges en la reforma de les administracions" en Catlunya Ràdio. Notícies (en catalán). Consultado o 12 de setembro de 2019.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar