Celote
Os celotes[1] eran grupos radicais no Israel do século I fundados por Xudas o Galileo pouco despois da nacemento de Xesús de Nazaret. O nome, en hebreo קנאים Qannaïm, fai referencia ó celo relixioso gardado polos seus membros. O seu obxectivo era unha Xudea independente do Imperio Romano mediante a loita armada tal como sucedeu na Gran Revolta Xudía do 66-70 durante a cal tomaron o control de Xerusalén e masacraron a gornición romana,[2] ou durante o asedio de Masada.
Os celotes foron a facción máis radical do xudaísmo da súa época, e enfrontouse frecuentemente a outras faccións como os fariseos ou saduceos, razón pola que o termo celote pasou a ser sinónimo en diversas linguas de intransixencia ou radicalismo militante. Para algúns historiadores están considerados como un dos primeiros grupos terroristas da historia, xa que empregaban o secuestro e o homicidio de civís que ó seu entender colaboraban co goberno romano, para disuadir ós outros de facer o mesmo. Unha facción radicalizada coñecida como os sicarii distinguíronse pola súa particular virulencia e sectarismo.
No Novo Testamente é coñecido o capítulo no cal a liberdade de Barrabás, un líder celote preso, é preferida por unha multitude á liberdade de Xesús de Nazaret, testemuñando a popularidade deste movemento na súa época. Especulouse que dous dos apóstolos, Xudas Iscariote e Simón o celote podían ter participaso ou simpatizado con este movemento.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celote.
- ↑ Tucker, Spencer C. (2010). Battles That Changed History: An Encyclopedia of World Conflict (en inglés). ABC-CLIO. pp. p.78. ISBN 1598844296.