Ceferino Maestú Novoa

avogado e político galego

Ceferino Maestú Novoa, finado en San Roque (Cádiz) o 27 de xullo de 1936, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaCeferino Maestú Novoa
Biografía
NacementoGalicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata
San Roque, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vigo
1920 – 1921
← Francisco Lago ÁlvarezAbdón Trillo Couce → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCeferino Maestú Barrio Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Ceferino Maestú Sequeiros, que foi xerente da fábrica de fariñas La molinera gallega e presidente da Cámara de Comercio de Vigo.[1] Dirixiu o semanario La Ráfaga, foi xuíz municipal suplente de Vigo en 1915 e alcalde da cidade en 1920. Era liberal progresista e exercía de Inspector de Emigración. Debido a unha vinganza política sufriu varios traslados ata que se estableceu como avogado na provincia de Cádiz.

Republicano convencido, foi o primeiro en ondear a bandeira tricolor en San Roque o 14 de abril de 1931. Pertencía Izquierda Republicana e nomeárono gobernador civil de Huelva o 3 de xuño de 1936, pero dimitiu o 4 de xullo e volveu ás súas ocupacións en San Roque.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polas tropas de Regulares que o utilizaron como escudo humano para chegar á fronteira de Xibraltar e despois o deixaron en liberdade. Tratou de poñer a salvo a súa familia sen éxito e viviu a pasada represiva que os republicanos vidos de Málaga fixeron por San Roque e que deixou un regueiro de cadáveres entre os que se contaban algúns amigos. Finalmente chegaron as tropas de Regulares que o detiveron e fusilaron.


Predecesor:
Francisco Lago Álvarez
  
Alcalde de Vigo
 
1920 - 1921 [2]
Sucesor:
Abdón Trillo Couce

Vida persoal editar

Casou con Ascensión Barrio Cordal e foi pai de Ceferino, Pilar, Trinidad e Encarnación Maestú Barrio.

Notas editar

  1. Ceferino Maestú, un vigués no esquecemento
  2. Antonio Giráldez Lomba: Desde África, con dolor: el otro año 'desastroso', 1921, en Vigo Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Glaucopis n. 9, IEV, Vigo, 2003, p. 48.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar