Ceferino Díaz

político galego

Manuel Ceferino Díaz Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 1 de abril de 1947 e finado o 23 de decembro de 2012[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Ceferino Díaz
Nacemento1 de abril de 1947
Lugar de nacementoEscairón
Falecemento23 de decembro de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor asociado de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC (1973-2000).

En 1972 comezou a súa traxectoria política ao afiliarse ao PSG na clandestinidade, onde foi responsable das Mocidades e máis tarde do Frente do ensino. En 1977 foi candidato do PSG por Lugo ao Parlamento español nas primeiras eleccións democráticas, e non obtivo escano. En 1978 abandonou o PSG para ingresar no PSdeG-PSOE, onde formou parte do Colectivo Socialista Galego.

Cos socialistas foi membro do Comité Nacional do PSdeG, e foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas primeiras eleccións democráticas, en 1981, ao encabezar a lista pola provincia de Lugo. Renovou o seu escano nas eleccións de 1985 e en 1989 fíxoo, pero xa dentro da candidatura da provincia da Coruña, logo de establecerse en Santiago de Compostela. Nesas primeiras lexislaturas ocupou o posto de voceiro parlamentario da súa formación.

Na cidade compostelá foi precisamente secretario xeral da agrupación local do PSdeG. O escano coruñés renovouno tamén nas comicios de 1993. Estaba considerado entre o sector máis galeguista do PSdeG[2]. No ano 2000 figurou na candidatura do PSdeG ao Congreso dos Deputados, e foi elixido. Renovou o seu cargo nos comicios de 2004 e 2008. En 2011 xa non figurou na candidatura.

Datos persoais editar

A comezos da década de 2000 foille diagnosticado un cancro de medula, que finalmente lle causou o falecemento. Foi incinerado en Escairón.

Obra editar

Publicou traballos en revistas sobre economía agraria. Como monografías publicou en Editorial Galaxia as seguintes:

  • A esforzada conquista da autonomía 1979-1981: unha ollada desde o socialismo galego (2008, libro de memorias).
  • Autonomía e modernidade en Galicia. Unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009 (2010).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar