Capuchino pardo

(Redirección desde «Cebus apella»)

Capuchino pardo[2] (Sapajus apella) é unha especie de primate do Novo Mundo orixinaria de América do Sur. Tradicionalmente, foi considerada a especie de primate máis estendida do Neotrópico, mais segundo as recentes consideracións do Sapajus libidinosus, Sapajus nigritus e Sapajus xanthosternos como especies separadas dun xénero novo, a área da especie capuchino pardo quedaría limitada á bacía do río Amazonas e áreas veciñas.

Capuchino pardo

Exemplar na Güiana Francesa.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Platyrrhini
Familia: Cebidae
Xénero: Sapajus
Especie: S. apella
Nome binomial
Sapajus apella
(Linnaeus, 1758)
Distribución xeográfica da especie segundo IUCN.
Distribución xeográfica da especie segundo IUCN.

Distribución xeográfica da especie segundo IUCN.
Sinonimia
  • Simia apella Linnaeus, 1758
  • Simia fatuellus Linnaeus, 1766

É unha especie omnívora que se alimenta de froitas e invertebrados, aínda que ás veces tamén se alimenta de pequenos vertebrados (como lagartos e crías de paxaros) e outras partes das plantas. Pode encontrarse en diferentes tipos de ambientes, incluíndo selvas tropicais, subtropicais e bosque seco, así como en bosque secundario.

Ó igual que outros capuchinos, é un animal social que forma grupos de 8 a 15 individuos que son liderados por un alfa ou macho dominante.

Notas editar

  1. Rylands, A.B.; Boubli, J.-P.; Mittermeier, R.A.; Wallace, R.B.; Ceballos-Mago, N. (2015). "Sapajus apella". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T39949A70610943. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-1.RLTS.T39949A70610943.en. 
  2. Definición de capuchino, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Janson, Charles H. (2001) "Capuchin-like Monkeys". in: MacDonald, D. (red.), The New Encyclopedia of Mammals, Oxford: Oxford University Press, p. 344–353.
  • Nowak, R.M. (1999) Walker's Primates of the World. Baltimore e Londres: the Johns Hopkins University Press. p. 113–115.