Cavalese

comune italiana

Cavalese (en alemán Gaßlöss) é unha comune (municipio) da provincia de Trento, rexión de Trentino-Tirol do Sur, en Italia.

Modelo:Xeografía políticaCavalese
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 46°17′28″N 11°27′38″L / 46.2911, 11.4606Coordenadas: 46°17′28″N 11°27′38″L / 46.2911, 11.4606
EstadoItalia
Rexión con estatuto especialTrentino-Tirol do Sur
ProvinciasProvincia autónoma de Trento Editar o valor em Wikidata
Capital de
Val di Fiemme (en) Traducir (2006–) Editar o valor em Wikidata
CapitalCavalese Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.010 (2023) Editar o valor em Wikidata (88,36 hab./km²)
Xeografía
Superficie45,38 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.000 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSebastián Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Aliança Climática (pt) Traducir (2003–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38033 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0462 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT022050 Editar o valor em Wikidata
Código catastral italianoC372 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcomunecavalese.it Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situada a unha altitude de 1000 msnm, é unha estación de esquí e o centro principal do Val di Fiemme, un dos principais vales da rexión dos Dolomitas (Alpes Orientais).

O concello ten unha superficie de 45 km², e limita cos municipios de Varena, Tesero, Daiano, Carano, Castello-Molina di Fiemme e Pieve Tesino.

No ano 2018 tiña unha poboación de 4 075 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 81 hab./km².

É unha localidade turística, animada en inverno polas achegadas pistas de esquí, e apreciada en verán polas suxestivas paisaxes e pola súa tranquilidade.

Evolución demográfica editar

A poboación rexistrada está en constante evolución: en 1936 había 2 736 habitantes, e en 1974 eran 3 547. En 2010 superou o limiar dos 4 000 habitantes.[1]

Gráfica de evolución demográfica de Cavalese entre 1861 e 2001
Fonte ISTAT - elaboración gráfica de Wikipedia

Subdivisións históricas editar

O circunscrición territorial sufriu os seguintes cambios: en 1928 a agregación de territorios dos municipios suprimidos de Carano, Daiano e Varena; en 1946 separación de territorios para a reconstitución dos municipios de Carano (Censo 1936: poboación residente 761), Daiano (Censo 1951: pob. res. 550) e Varena (Censo 1951: pob. res. 772).[2]

Historia editar

A orixe de Cavalese está testemuñada a finais da Idade de Bronce grazas á presenza dun castelo prehistórico.

Na época tardorromana e dos bárbaros, no outeiro de San Valerio, houbo un casteliño que logo evolucionou até un castelo e un santuario. A romanización do lugar vén confirmada tamén polo descubrimento dalgunhas moedas antigas e pola presenza dunha necrópole do século VI.

A cidade desenvolveuse a partir do século XII, cando se construíron muíños, serradoiros e ferrarías á beira do río Gambis para o procesamento do cobre. Desde o ano 1 000 o Val di Fiemme foi rexido polos bispos-príncipes de Trento, pero cun gran grao de autonomía, representado pola Magnifica Comunità.

Nos séculos XVI e XVII Cavalese converteuse nun lugar de vacacións para bispos e nobres do Trentino, que construíran alí os seus palacios. O palacio dos bispos converteríase na sede da Magnifica Comunità no século XIX.

No século XX houbo un gran desenvolvemento de edificios e turismo, coa construción de numerosos hoteis e novas estradas. Na segunda guerra mundial, durante a ocupación nazi, Cavalese foi escenario de enfrontamentos co movemento da Resistencia. A partir da posguerra, Cavalese desenvolveuse moito máis. En marzo de 1976 caeu a cabina dun teleférico, provocando a morte de 42 persoas. En 1998, unha estación de esquí preto de Cavalese foi o lamentable lugar onde tivo lugar a chamada "masacre de Cermis".

Deportes editar

Cavalese foi tres veces a sede da chegada dunha etapa do Giro d'Italia, a primeira en 1969, a úlltima en 1997.

Etapas do Giro d'Italia con chegada a Cavalese
Ano Etapa Saída km Vencedor da etapa Maglia rosa
1969 21ª Rocca Pietore 131   Claudio Michelotto   Felice Gimondi
1978 16ª Mazzin (contra o reloxo individual) 45   Francesco Moser   Johan De Muynck
1997 18ª Baselga di Piné (contra o reloxo individual) 39   Serhij Hončar   Ivan Gotti

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. ISTAT. Consultado o 4 de outubro de 2019.
  2. Fonte: ISTAT - Unità amministrative, variazioni territoriali e di nome dal 1861 al 2000. ISBN 88-458-0574-3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Touring Club Italiano (2006): Piccole città, borghi e villaggi. Milán. ISBN 978-8-8365-4145-4.
  • Gorfer, Aldo (1977): Le Valli del Trentino, guida geografico-storico-artistico-ambientale. Trentino Orientale. Trento: Manfrini. ISBN 978-8-8702-4286-7.

Ligazóns externas editar