Catwoman (filme)

filme de 2004 dirixido por Pitof

Catwoman é un filme estadounidense de acción dirixido por Pitof que se estreou no 2004. Está protagonizado por Halle Berry, Sharon Stone, Benjamin Bratt, Lambert Wilson, Frances Conroy e Alex Borstein. O filme está vagamente inspirado na personaxe homónima de DC Comics Catwoman, que é a anti heroína do super heroe Batman.[2] Esta historia está protagonizada por unha personaxe nova, Patience Phillips, que toma o nome de Catwoman como o dunha figura histórica. Foi pobremente recibido pola crítica e pola audiencia, e é comumente listado como un dos peores filmes feitos na historia do cine.

Catwoman
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalCatwoman
DirectorPitof
ProdutorDenise Di Novi
Edward McDonnell
GuiónJohn Brancato
Michael Ferris
John Rogers
Baseado enCatwoman de Bob Kane
IntérpretesHalle Berry
Benjamin Bratt
Lambert Wilson
Frances Conroy
Sharon Stone
MúsicaKlaus Badelt
FotografíaThierry Arbogast
MontaxeSylvie Landra
EstudioVillage Roadshow Pictures
Di Novi Pictures
Frantic Films
Maple Shade Films
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 19 de xullo de 2004
Galicia 23 de setembro de 2009 (TVG)
Duración104 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía, acción
Orzamento$100 000 000[1]
Recadación$82 102 379
Na rede
http://wwws.warnerbros.co.uk/movies/catwoman/home.html
IMDB: tt0327554 Filmaffinity: 217898 Allocine: 33907 Rottentomatoes: m/catwoman Mojo: catwoman Allmovie: v288762 TCM: 451171 Metacritic: movie/catwoman TV.com: movies/catwoman Netlix: 60036241Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego na TVG o 23 de setembro de 2009.[3]

Sinopse editar

Patience Philips (Halle Berry) traballa como deseñadora gráfica para unha empresa de cosméticos, dirixida polo despótico George Hedare (Lambert Wilson) e a súa muller, a supermodelo Laurel (Sharon Stone). Descobre por casualidade un terrible segredo sobre un revolucionario produto de beleza que está a piques de poñerse á venda, e é eliminada por uns sicarios. Porén, misteriosamente, volve á vida cunhas cualidades e unha gran forza. Convértese entón en "Catwoman" e prepara a súa vinganza coa axuda de Ophelia Powers (Frances Conroy).

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2004: 4 Premios Razzie, peor filme, director, actriz e guión. 7 nomeamentos.

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "6 Stupid Superhero Movie Recasts". Omglists.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2008. Consultado o 2011-01-31. 
  3. "Catwoman na TVG". Diario Siglo XXI. 22 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar