Catedral de Santa María de Tudela

A catedral de Santa María la Mayor é un templo tardorrománico cisterciense de grandes dimensións[1] da cidade de Tudela, en Navarra. A súa construción comezou a finais do século XII durante o reinado de Sancho VI o Sabio, pasando a testemuña ao seu fillo Sancho VII o Forte, que á súa vez o pasou ao seu sobriño Teobaldo I. Utilizou algúns dos alicerces da Mesquita Maior de Tudela (séculos IX a XI). Como as orientacións dos dous templos non coincidían, a mesquita foi destruída para edificar o novo templo e só se aproveitaron algúns dos seus alicerces. Agora sitúase entre as actuais praza Vieja e as rúas Roso, Portal e Horno Higuera da Zona Vella de Tudela.

Catedral de Santa María de Tudela
PaísEspaña
Coordenadas42°03′49″N 1°36′19″O / 42.0637, -1.60517Coordenadas: 42°03′49″N 1°36′19″O / 42.0637, -1.60517
DioceseRoman Catholic Diocese of Tudela e Arquidiocese de Pamplona e Tudela
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

Inicialmente serviu como colexiata, pasando a ser catedral cando no século XVIII Tudela se segregou da diocese da veciña Tarazona. Foi elevada á dignidade de catedral por Pío VI, a instancias de Carlos III, no século XVIII.

Notas editar

  1. García Gainza, M.A., Heredia Moreno, M.C., Rivas Carmona, J. y Orbe Sivatte, M. (1980). Merindad de Tudela. En: Catalogo Monumental de Navarra, Ed. Institución Príncipe de Viana, Arcebispado de Pamplona, Universidade de Navarra, vol. I, 492 pp., 723 láminas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar