Catedral de Santa María a Maior de Marsella
A catedral de Santa María a Maior de Marsella, denominada en francés Sainte-Marie-Majeure, coñecida tamén como Catedral de la Major ou basílica de Sainte-Marie-Majeure, de evocación oriental por mor do seu estilo neobizantino, é a Catedral de Marsella, (Bocas do Ródano, Provenza, Francia). Foi construída na segunda metade do século XIX, entre 1852 e 1893.
Catedral de Santa María a Maior de Marsella | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Catedral |
Estilo | Neobizantino |
Sistema estrutural | Pedra, mármore; Muros de pedra portantes con contrafortes internos e arcos de soporte |
Enderezo | Place de la Major, 13002 Marsella |
Localización | Marsella, Francia |
Coordenadas | 43°17′58″N 5°21′53″L / 43.299444, 5.364722 |
Propietario | Igrexa Católica |
Uso(s) | Relixioso |
Construción | |
Inicio | 1852 |
Dimensións | |
Altura | 70 metros |
Plantas | 1 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Léon Vaudoyer, Henri-Jacques Espérandieu |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO século XIX significou para a cidade un período de crecemento económico, social e demográfico. Engalánase con edificios importantes: a estación Saint-Charles (1848), o Pazo da Bolsa (1852), o Pazo Longchamp (1862), o Pazo do Pharo (1854) ou a basílica Notre-Dame de la Garde (1864). É neste contexto onde se decide a construción dunha nova catedral, segundo os patróns marcados polo arquitecto Léon Vaudoyer.
A catedral da Maior eríxese sobre unha explanada entre o Vello Porto e o «novo» porto de comercio, preto do barrio da Joliette e do Forte Saint Jean. A súa arquitectura e a súa ornamentación interior, en mármore e pórfiro, dánlle un aspecto particular para un edificio relixioso.
Foi transformada en basílica menor por León XIII o 24 de xaneiro de 1896.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Santa María a Maior de Marsella |