Catedral de Alguer

A Catedral de Santa María Inmaculada é a igrexa da cidade italiana de Alguer, ó nordés da illa de Sardeña. Foi sede do bispo de Alguer dende 1503 a 1986, cando se creou da diocese de Alguer-Bose, compartindo a sede coa Concatedral da localidade de Bosa.

Catedral de Alguer
Alghero Cathedral Catalan Gothic.jpg
Tipo Catedral
Advocación Santa María
Localización Alguer, Sardeña Flag of Sardinia, Italy.svg
Culto Igrexa católica
Diocese Alguer-Bosa
Construción Século XVI
Estilo arquitectónico Gótico catalán, barroco e neoclásico

A catedral ten a súa orixe no século XVI e atópase no centro histórico da cidade, do que é un dos principais monumentos.

HistoriaEditar

En 1503, o papa Xulio II promulgou unha bula coa que modificaba profundamente a diocese da illa, reforma promovida polo rei Fernando II. As tres pequenas dioceses de Castro, Bisarcio e Ottana uníronse e incorporaron a nova diocese de Alguer.

Alguer foi elevada á categoría de cidade o ano 1501, pero carecía dunha igrexa o suficientemente grande para acadar a categoría de catedral e os bispos da nova diocese non residiron nela ata os anos 30 do século XVI, época na que se iniciou a construción do templo sobre unha igrexa anterior, seguindo os canons do gótico catalán.

No século XVIII a igrexa decorouse cun mobiliario típico barroco de mármore. Xa no século XIX (1862) construíuse unha nova fachada neoclásica.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns exterenasEditar