Catedral Metropolitana de Brasilia
A Catedral Metropolitana de Nossa Senhora Aparecida, coñecida simplemente como Catedral de Brasilia, é a principal catedral católica da cidade de Brasilia e sede da Arquidiocese de Brasilia.
Catedral Metropolitana de Brasilia | ||
---|---|---|
Cabeceira da Catedral de Brasilia. | ||
Tipo | Catedral | |
Arcebispo | Don Sérgio da Rocha | |
Localización | Brasilia, Brasil | |
Culto | Igrexa Católica | |
Diocese | Brasilia | |
Construción | 1958 - 1970 | |
Estilo arquitectónico | Modernista |
Historia
editarProxectada polo arquitecto Oscar Niemeyer, con cálculo estrutural do enxeñeiro Joaquim Cardoso, foi o primeiro monumento construído en Brasilia.[1] A súa pedra angular foi posta o 12 de setembro de 1958. Tivo a súa estrutura en 1960,[2] onde só se podía apreciar a área circular de setenta metros de diámetro, da que se elevan dezaseis columnas de formigón (soportes de sección parabólica) nun formato hiperboloide, que pesan noventa toneladas. O enxeñeiro Joaquim Cardozo foi o responsábel do cálculo estrutural que permitiu a construción da catedral.
Galería de imaxes
editar-
Esculturas dos catro evanxelistas.
-
Interior da Catedral.
-
A Catedral e o campanario.
-
Vista aérea durante a noite.
Notas
editar- ↑ A poesia concreta de Joaquim Cardozo Arquivado 20 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en portugués).
- ↑ FGV - Oscar Niemeyer Arquivado 09 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en portugués).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral Metropolitana de Brasilia |