Abrir o menú principal
Casulo.

O casulo, casulla ou casullo[1] é o envoltorio que fabrican as larvas de numerosos insectos segregando certa substancia, en particular o do verme da bolboreta da seda. O casulo está constituído por un material semellante á seda.

Na orde dos lepidópteros, coincide coa fase da metamorfose denominada crisálide, caracterizada por un estado quiescente inactivo, sendo o estadio intermediario entre a larva e o adulto.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casulo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar