Castro do Cociñadoiro

poboado fortificado en Suevos, Arteixo

Coordenadas: 43°21′12″N 8°29′54″O / 43.353277777778, -8.4982972222222

O Castro de Cociñadoiro estaba situado na Punta de Muros/Punta Langosteira. No ano 2004 o inicio do proxectado Porto Exterior da Coruña poñía en perigo o castro xa ameazado de destrución pola acción erosiva do océano.

Castro do Cociñadoiro
Tallada no monte, Porto Exterior da Coruña onde estaba Cociñadoiro.
ParroquiaSuevos
ConcelloArteixo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Cronoloxía
Datas de ocupaciónSéculo -IX a Século -VIII e -VII
Data da descubertaJuan A. Cano Pan
(arqueólogo da escavación)
Períodos de escavaciónXaneiro de 2005 a xullo de 2005
Estado actualdestrución
Véxase tamén
Castros de Galiza

Na declaración de Impacto Ambiental, no ano 2001, o Ministerio de Medio Ambiente xa o citaba. Co inicio das obras de construción do porto iniciouse unha actuación de urxencia. Escavouse o castro na súa totalidade a principios do ano 2005. Nesas escavacións pechadas e sen información do que se estaba a atopar apareceron 23.000 obxectos dos que só foron inventariados 9.687 que están nun almacén da autoridade portuaria da Coruña á espera da publicación dos achados.

Segundo o arqueólogo Ramón Boga, Cociñadoiro era o castro máis antigo da provincia da Coruña, é da Idade de Ferro en Galiza.

A escavación editar

Os traballos de escavación foron dirixidos polo arqueólogo Juan A. Cano Pan. A escavación do castro iniciouse en xaneiro de 2005 e no verán de 2005 xa estaba ao descuberto todo o lugar. O 7 de xullo de 2005, só sete meses despois do inicio dos traballos arqueolóxicos, as máquinas destruíron boa parte do lugar. O 28 de novembro de 2005 xa non quedaba nada en pé. Durante a escavación non se fixo pública ningunha información do que se estaba a atopar. A primeira referencia foi publicada en: La Paleometalurgia del Poblado de Punta de Muros (Arteixo, A Coruña) en el contexto de la transición Bronce Final – Primera Edad del Hierro asinado por Juan A. Cano Pan e polo profesor da Universidade da Coruña Fernan Gómez Filgueiras de Brage.

O carbono-14 deu datacións do século IX antes da era actual (Idade de Ferro) e un período de ocupación máxima para os séculos VIII e VII antes da era actual. A superficie do poboado tivo catro estadías de ocupación.

  • A máis antiga foi a de maior poboación. Era unha aldea fortificada e que estivo utilizada durante catro ou cinco séculos.
  • A seguinte foi cinco séculos despois da primeira. Pasou a ser un poboado gálico romano.

O máis rechamante era a forma rectangular alongadas das cabanas, case todas tiñan un forno de metalurxia e cunha orientación NE – SO, determinada polos requirimentos do obradoiro metalúrxico. O castro non tiña instrumentos agrícolas ou para traballar na terra ou no mar. Os habitantes adicábanse só á metalurxia do bronce. Traballaban dúas aliaxes de metais distintas[1].

  • Producían obxectos cotiáns
  • Creaban obxectos ornamentais

Centro de interpretación editar

En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque do Monticaño como o lugar onde se exporían os achados do Castro de Cociñadoiro; alí construirase o centro de interpretación de Langosteira.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar