Castro de Tralocastro
O castro de Tralocastro ou Castro de Esmelle é un poboado castrexo fortificado situado no cumio dun monte na parroquia de Esmelle (Ferrol).[1]
Castro de Tralocastro | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | Esmelle |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036002 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | anos 1977-1978 |
Estado actual | estudo |
Extensión estimada | 1,7 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
Descrición
editarO recinto principal ten forma case circular. De norte a sur uns 76 m e de leste a oeste uns 89 m. A construción ten tres muros de forma case concéntrica aproveitando a forte pendente natural. O poboado ten dous accesos. O principal na zona sur leste a outra no nordeste. Polo interior, paralelamente aos muros de pedra, discorre un camiño.
Nas escavacións xunto ao segundo muro ao sueste atopáronse dúas edificacións con muros de pedra. A primeira situada máis alta tendo un espazo de 1,7 m por 1,8 m. Os muros de pedra miden ata 80 cm de altura. Na segunda construción as esquinas son redondeadas. Os muros teñen un groso de 50 cm hai dúas zonas, unha inferior de 40 cm a modo de cimentos e a superior de 70 cm. de superficie lisa. A función destas construcións é descoñecida.
O castro está catalogado e protexido por patrimonio, é propiedade do concello de Ferrol que realiza traballos de estudo.[2][3]
Notas
editar- ↑ "Catálogo de Castros de Ferrol, Narón y Valdoviño". www.artabro.es. Consultado o 2025-01-05.
- ↑ El castro de Esmelle se incorpora al patrimonio arqueológico de Ferrol diariodeferrol.com
- ↑ Os ártabros levantan a voz en Ferrol A campaña no castro de Tralocastro revela a continuidade do xacemento entre a Idade do Ferro e a romanización
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |