Castro de Santa Mariña
Coordenadas: 43°29′51″N 8°13′30″O / 43.497580555556, -8.2250277777778
O castro de Santa Mariña tamén chamado Casal dos Ovos ou Castros Altos de Serantes é un poboado castrexo situado no concello de Ferrol, xunto á igrexa de Santa Mariña, nun alto en forma de chaira dende o que se domina a ría de Ferrol e á vista dos montes de Serantes.
Castro de Santa Mariña | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | Ferrol |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036011 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
Descrición Editar
O recinto ten forma ovalada e cunhas medidas nos eixos 88 m de norte a sur e de 104 m de leste a oeste. Parte do peche do castro foi destruído polo camiño de aceso actual e por obras na zona. A croa está ocupada por leiras e pequenas construcións. Só se aprecia unha pequena elevación das defensas no perímetro aproveitado como peche das leiras.
Galería de imaxes Editar
-
Peche metálico sobre as defensas do Castro de Santa Mariña.
-
Vista dos parapetos do castro de Santa Mariña cara á ría de Ferrol.