Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°20′17.52″N 8°29′20.41″O / 43.3382000, -8.4890028

Castro de Rañobre
Castro de Rañobre Arteixo vista xeral.jpg
ParroquiaOseiro
ConcelloArteixo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15005005
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualuso agrícola
Extensión estimada4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O Castro de Rañobre é un castro de forma elíptica coas defensas moi suavizadas polos labores agrícolas. Só están visibles o terraplén, un foxo e un parapeto[1].

Polo castro pasa unha estrada, hai varias vivendas e é empregado como zona agrícola.

DescriciónEditar

 
Vista dentro do Castro.

O castro mide uns 350 metros de SW-NE e uns 250 metros de NW-SE. A parte alta do castro está mellor conservada véndose parte das defensas. No lado máis baixo do castro as labouras agrícolas desfixeron esa parte. O castro ten internamente socalcos a varios niveis polos desniveis do chan e por traballos agrícolas. Dentro do castro hai varias vivendas, unha empresa e pasa unha estrada. O castro está aproveitado para leiras e horta. Pódense ver as pedras nas lindes e como marcos.

O castro está catalogado e ten unha área de protección delimitada.

Tumbas do castroEditar

En abril do 2009 durante as obras do porto exterior da Coruña nos límites do peche exterior que delimita o terreo expropiado atopáronse varias tumbas do castro de Rañobre a máis de 200 metros do castro[2][3].

NotasEditar

Véxase taménEditar