Castro de Pastoriza

poboado fortificado en Pastoriza, Arteixo

Coordenadas: 43°20′13″N 8°28′22″O / 43.337030555556, -8.47265

O Castro de Pastoriza é un poboado castrexo situado na parroquia de Pastoriza (Arteixo). Ten planta circular duns 160 metros de diámetro e está fortificado.

Castro de Pastoriza
ParroquiaPastoriza
ConcelloArteixo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15005006
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Véxase tamén
Castros de Galiza

Descrición editar

Situado no alto de Pastoriza domina toda a contorna: Agra de Rañobre, Suevos, Nostián e os vales entre Arteixo. O castro ten planta circular cunha muralla de pedra en toda a contorna. No lado norte ten dobre muralla de pedra e foxo. A ladeira sur é escarpada de rochas e penedos. No lado norte a dobre muralla de pedra e foxo remata nunha ladeira de terra escarpada. O acceso ao castro está polo leste. No castro non se ven estruturas pola cuberta de toxos e xestas.

O castro está entre unha liña eléctrica de alta tensión e un gasoduto. Os penedos próximos ao castro foron aproveitados para a extracción de pedra e o cumio empregouse como lugar de peregrinación cristiá.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar