Casto Caamaño García

político galego

Casto Caamaño García, nado en Cee cara a 1880 e finado na Coruña o 28 de xullo de 1951, foi un político galego.

Infotaula de personaCasto Caamaño García
Biografía
NacementoCee, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde Cee
1932 – 1933 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballaba na fábrica de Carburos Metálicos de Brens e rexentaba unha taberna na praza de Cee na que se ofrecían sesións de cine dende 1928. Dirixente da Alianza Republicana de Cee, afiliouse ao Partido Socialista e foi elixido concelleiro nas eleccións de maio de 1931. Coa renuncia a alcaldía de Segundo Trillo Durán en xuño de 1932, foi elixido alcalde de Cee, permanecendo no cargo até que renunciou o 16 de setembro de 1933. En xullo de 1936 era tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi multado polo gobernador civil con mil pesetas, acusado de «desafección al Glorioso Movimiento». Logo foi encausado por rebelión militar e aínda que a súa causa foi sobresida, foi sancionado polo gobernador cunha multa de 10.000 pesetas. En abril de 1941 volveu ser sancionado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas con 6 anos de inhabilitación e o pago doutras 250 pesetas. Trasladouse á Coruña onde traballou repartindo carbón.

En agosto de 2018, realizouse un acto de recoñecemento na Praciña do Olvido de Cee.[1][2] Finou na Coruña o 28 de xullo de 1951.[3]


Predecesor:
Segundo Trillo Durán
  
Alcalde de Cee
 
1932 - 1933
Sucesor:
Argimiro Guillén Cereijo

Vida persoal editar

Casou con Teresa Rial.

Notas editar

  1. "A Praciña do Olvido de Cee acollerá un emotivo acto ao alcalde republicano Casto Caamaño". Que pasa na costa. Diario dixital da Costa da Morte. 15-08-2018. Arquivado dende o orixinal o 19-08-2018. Consultado o 19-08-2018. 
  2. Casto Caamaño: un ceense represaliado
  3. La Voz de Galicia, 29-7-1951, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar