Castelo de Sarria

construción fortificada e BIC en Farbán, Sarria

O castelo de Sarria, tamén coñecido como Torre dos Batallóns, ou simplemente Torre de Sarria, é unha fortaleza situada nun outeiro da vila de Sarria, nunha posición que lle dá unha visión dominante sobre todo o val do río Miño.

Castelo de Sarria
ben de interese cultural, elemento da Lista Vermella do Patrimonio e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
ConcelloSarria
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°46′36″N 7°25′07″O / 42.7766666667, -7.41861111111Coordenadas: 42°46′36″N 7°25′07″O / 42.7766666667, -7.41861111111
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (?)
Estado actualPropiedade privada
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]
Castelo de Sarria. Imaxe de época.

Historia editar

Descoñécese a orixe da construción, tanto a data como quen foi o seu fundador. A mediados do século XII Gutierre Ruiz de Castro adquiriu o señorío de Sarria por medio do seu matrimonio con Elvira Osorio, filla de Suer Yañez de Moura, e posibelmente foi nesas datas cando se construíu a fortificación no lugar ocupado anteriormente por un antigo castro.

A fortificación foi arrasada polos sublevados irmandiños no transcurso da Gran Guerra Irmandiña, por volta de 1467. E construída tras ser sufocada a revolta. Até o século XVII serviu como prisión, e estivo habitada até 1730 polo corrixidor, Xustiza Maior ou Meiriño Maior das cinco pobras do Marquesado de Sarria: A Pobra de Sarria, Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao, San Xillao da Pobra e A Pobra de Triacastela.

Após o seu paulatino abandono, en 1860, unha metade foi adquirida polo avogado e político Manuel Pérez Batallón, veciño de Sarria, que procedeu ao reenchido dos profundos foxos defensivos, o seu desescombro, a súa anexión á súa horta e casa, o levantamento dun muro de peche de toda a propiedades, e a reparación da torre coa colocación da escaleira que aínda existe.

Pola súa banda, o Concello de Sarria adquiriu a outra metade da fortaleza, procedendo á total explanación do seu terreo e á eliminación de todo resto das defensas e fosos, para a ampliación do campo da feira.

Actualmente a única parte conservada da fortaleza segue pertencendo aos mesmos herdeiros do político e está en venda.

Características editar

Os restos da fortificación que chegaron até a actualidade limítanse a unha torre de defensa, de planta irregular e fronte semicircular, e que formaba parte do castelo, servindo de reforzo dun ángulo onde se xuntaban dous dos seus lados.

A torre conserva as ameas e unha altura duns catorce metros, tendo un eixo de 6-7 metros.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar