Castelo de Aguilar de Campoo

O Castelo de Aguilar de Campoo é un castelo de orixe medieval situado no concello de Aguilar de Campoo, Palencia, Castela e León, España.

Castelo de Aguilar de Campoo
ben de interese cultural
ConcelloAguilar de Campoo
ProvinciaPalencia
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas42°47′46″N 4°15′49″O / 42.79620278, -4.26351111Coordenadas: 42°47′46″N 4°15′49″O / 42.79620278, -4.26351111
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XI)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Trátase dun conxunto en ruínas de planta trapezoidal, do que aínda se conserva a maior parte do conxunto exterior, muros e torres. Aséntase sobre unha pena de 970 metros.

É un conxunto de arte románica que orixinalmente tiña dúas entradas: unha na fachada leste, de medio arco apuntado, sobre a que se achan restos dos escudos de armas; e outra no sector noroeste, xa tapiada e en mal estado de conservación.

A meirande parte dos grosos muros de grosa pedra tamén están en mal estado. Consérvanse restos das torres do recinto interior.

Historia editar

Señorío de Tello de Castela, herdado por Garci V Fernández Manrique de Lara, marqués de Aguilar de Campoo e V señor de Aguilar. A orixe do castelo é unha torre defensiva levantada na época da Reconquista, da que os primeiros testemuños documentais datan de 1039.[1]

Foi reformado varias veces entre os séculos XII e XIV. A mediados do s XIV foi apresado nesta fortificación o cardeal Pedro Gómez Barroso por orde de Pedro o Cruel por censurar Sigüenza a prisión de Branca de Borbón ordenada polo seu esposo, o monarca castelán. Don Pedro era medio irmán de Tello de Castela, señor de Aguilar.[2]

Notas editar

  1. Fraile López, Miguel Ángel (1990). Historia social e económica de Cantabria ata o século X. Copisan. ISBN 9788440458391. 
  2. Pedro López de Ayala: Coronica del Serenissimo Rey Don Pedro, cap. IX e XIX.