Castelo de Íscar

O castelo de Íscar é unha fortaleza de orixe medieval situada na localidade de Íscar (provincia de Valladolid). Atópase nunha montaña sobre a vila, e dende el pódese observar a Tierra de Pinares.

Castelo de Íscar
Torre da homenaxe do castelo
Edificio
TipoCastelo
EstiloGótico
LocalizaciónÍscar, provincia de Valladolid, Castela e León, España España
Coordenadas41°21′54″N 4°32′17″O / 41.365033, -4.538073Coordenadas: 41°21′54″N 4°32′17″O / 41.365033, -4.538073
PropietarioConcello de Íscar
Construción
Inicioséculo XII
Remate?
Dimensións
Altura máxima(altura en antena)
Altura da azotea(altura en azotea)
Altura da última planta(altura en piso máis alto)
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Foto antiga do castelo.
 
Diapositiva en cor do castelo (anos 80/90).
 
O castelo en setembro de 2014.
 
Foto antiga do conxunto defensivo.
 
Diapositiva en cor do complexo amurallado.

A primeira mención escrita de Íscar ten lugar no ano 939, ó relatar as crónicas musulmás o camiño seguido polas tropas de Abderramán III para destruír os primeiros asentamentos cristiáns ó sur do Douro: “... trasladándose logo a Hins 'Skr [castelo de Íscar] que foi atopado en estado de abandono, arrasárono e asolaron as propiedades das súas xentes...”

A definitiva repoboación cristiá de Íscar tivo lugar en 1086, tras a toma de Toledo por Afonso VI de León, monarca que, segundo a tradición, encomendou dita colonización a Álvar Fáñez de Minaya. Así o conta o infante don Xoán Manuel na súa obra O Conde Lucanor: "Don Alvar Háñez era moi bo home e moi honrado e poboou Iscar, e moraba alí.”

Sobre as ruínas de anteriores fortalezas, dominando dende o alto o pobo e o mar dos piñeirais, álzase o castelo de Íscar. A parte mais antiga conservada, probablemente de finais do século XIII, corresponde a restos das murallas e á estrutura interior da torre da homenaxe, dividida en catro niveis de madeira. Defendendo o acceso dende o páramo, dispúxose un foso escavado nas rochas calcáreas.

Na segunda metade do século XV procedeuse a un reforzo xeral da torre, con fins defensivos e construtivos. Edificouse un corpo torreado, a modo de barbacá, que servía de anteporta e acceso á torre mediante unha ponte levadiza. No lado oposto, engadiuse un xigantesco esporón defensivo, flanqueado por dúas torres pequenas, transformando a planta en pentagonal.

Nunha delas aparecen os escudos de Pedro de Zúñiga e Avellaneda e da súa muller dona Catalina de Velasco e Mendoza, II Condes de Miranda, que permiten datar a obra entre 1478 e 1493. Diante deste esporón construíuse unha pequena barreira artilleira con tres cubos circulares, troneiras tipo caixa do correo e engadíronse outros cubos circulares ó recinto primitivo. No interior da torre construíuse unha bóveda de crucería.

No primeiro terzo do século XVI, para evitar a ruína da torre, foi preciso reforzar a bóveda de cadeirado cunha robusta columna central e reconstruír totalmente o muro sur. As escavacións arqueolóxicas realizadas en 1998, no extremo oriental do patio de armas, sacaron á luz restos de muros e pavimentos de diversas estancias residenciais. A fachada estaba formada por unha galería porticada de columnas e arquearías de estilo gótico final, de principios do século XVI.

Co paso do tempo e as desamortizacións, os Condes perderon tódolos dereitos e privilexios sobre Íscar, quedando as propiedades repartidas entre outros paisanos e terceiros herdeiros. En 1989 unha familia iscariense, comprao e tras varios anos de abandono e sen ningún uso do mesmo, o concello de Íscar conseguiu recuperalo efectuando a súa compra o 13 de marzo de 1991 por un importe de 78.000 €.

Dende ese momento, pasando pola firma do Plan Director no ano 2002, ata os nosos días, o castelo recibiu un investimento en restauración e consolidación de 3.000.000 euros, sufragado polo Concello de Íscar en colaboración con outras entidades e administracións como Caixa España-Obra Social, a Deputación de Valladolid, a Xunta de Castela e León e PRODERCAL “Ruta do Mudéxar”

.

Actualidade

editar
 
Vista dende outro ángulo do castelo.

Foi restaurado completamente polo Concello de Íscar en 2007. Ademais, no seu patio de armas de máis de tres mil metros cadrados instalouse a microcervexeira La Loca Juana que elabora cervexa artesanal. O castelo de Íscar ofrece unha programación cultural e gastronómica estable todo o ano.