Castelán venezolano

variedade do castelán falada en Venezuela

O castelán venezolano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado en Venezuela, polo xeral achegado ao castelán caribeño. Debido a que a Constitución venezolana, no seu artigo noveno sinala «O idioma oficial é o castelán.»,[2] existe unha preferencia marcada no uso desa denominación, aínda que non se rexeita o termo «español». Á súa vez, dentro do país fálase con distintos acentos, e pola ambigüidade do termo «dialecto» non se catalogan formalmente a nivel académico como tales, malia as diferenzas salientables, incluíndo o voseo e o ustedeo.

Castelán venezolano
Outros nomes:Español venezolano
Falado en: Venezuela
Total de falantes: 32 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán venezolano
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Venezuela
Regulado por: Academia Venezolana da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

Notas editar

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
  2. "Constitución, Ttulo I, Principios Fundamentales". Consello Nacional Electoral de Venezuela. 16 de decembro de 1999. Arquivado dende o orixinal (html) o 29 de novembro de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2018. Artigo 9. O idioma oficial é o castelán. Os idiomas indíxenas tamén son de uso oficial para os pobos indíxenas e deben ser respectados en todo o territorio da República, por constituír patrimonio cultural da Nación e da humanidade. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar