Casa de Castelao

casa familiar de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Rianxo
(Redirección desde «Casa de Rodríguez Castelao»)

A casa de Castelao é a vivenda familiar onde transcorreu parte da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Atópase na Rúa de Abaixo, número 42, na vila de Rianxo. É unha típica edificación urbana das vilas mariñeiras galegas que data de finais do século XIX. Na fachada destacan o balcón e a galería.[1] Arélase que sexa a sede da Fundación Castelao nun futuro.[2]

Casa de Castelao
Edificio
EstiloUrbano galego mariñeiro
LocalizaciónRúa de Abaixo, Rianxo
Coordenadas42°39′04″N 8°49′09″O / 42.651041272285, -8.8191198857886Coordenadas: 42°39′04″N 8°49′09″O / 42.651041272285, -8.8191198857886
Uso(s)sen uso polo de agora
Construción
Construciónfinais do século XIX
Dimensións
Plantas2 + baixo
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A familia Rodríguez Castelao non tiña casa propia antes de emigrar á Arxentina. Mariano Rodríguez, pai de Castelao, mercou a casa da rúa de Abaixo coma primeiro investimento despois de regresar triúnfante das Américas coma indiano. Tralo exilio de Castelao á Arxentina, a familia sufriu constantes aldraxes e humillacións, permanecendo case sempre na casa por medo. Na casa morou Teresa Castelao, irmá do artista, até a súa morte.[3]

Descrición editar

Trátase dunha construción acaroada de planta rectangular que presenta fachada proporcionada coas características do soar, representativa do tipo edificatorio máis elemental do tecido.

Conforma un inmoble de planta terrea e dous andares cuberto a tres augas, con recercados, zócolo e esquinais en cantaría e entrepanos en cachotaría revocada e simetría na composición da súa fachada, con tres vans, agás na planta baixa.

Consta de balconadas con varandas de fundición no primeiro andar e corpo voado pechado a xeito de galería no segundo andar e de fiestras balconeiras en ambos andares, con carpintaría de madeira, agás en dito corpo no que foi substituída por aluminio.[1]

Notas editar