Carriza luminosa

especie de planta
Schistostega

Carriza luminosa fotografada no Xapón.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Bryophyta
Clase: Bryopsida
Subclase: Dicranidae
Orde: Dicranales
Familia: Schistostegaceae
Schimp.
Xénero: Schistostega
D. Mohr
Especie: S. pennata
Nome binomial
Schistostega pennata
(Hedw.) F.Weber & D.Mohr

Schistostega pennata, chamada comunmente carriza luminosa ou carriza luminescente [1], é unha carriza que se coñece por ter aparencia luminosa en lugares escuros. É o único membro da familia Schistosteagaceae.

Bioluminiscencia editar

O protonema (uns filamentos que xorden da xerminación das esporas e que dará lugar ao gametófito maduro) é o característico desta carriza. Está formado por unhas celas esféricas cunhas vacuolas que actúan a xeito de lentes para recolleren a luz e levala aos cloroplastos próximos, que reflicten a luz verdosa.

Hábitat e preservación editar

Vive en terreos moi húmidos en que non lles dá o sol directamente, e cun ambiente ácido. Iso fai que apareza en covas naturais e artificiais onde se atopar o ferro, aínda que tamén aparece en raíces de árbores ou no granito dos cantís.

Schistostega pennata está na listaxe vermella de especies ameazadas, porque os seus hábitats son moi fráxiles e alterábeis.

Este musgo atópase en Europa, así como na China, Siberia, Xapón[2].

Tamén foi descuberto nuns poucos lugares de Galicia, como nos arredores do Castro de Viladonga[3] ou as fragas do Eume.

Notas editar

  1. USDA Forest Service, Gotchen Risk Reduction and Restoration Project, arquivado dende o o orixinal o 29 de abril de 2015
  2. "Schistostega pennata". Moss Flora of China.
  3. Reinoso Franco, Juan (1998), El musgo luminoso Schistostega pennata en el castro de Viladonga (Lugo) Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine., CROA, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8, pp. 29-32

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar