Carmen Pesqueira
Carmen Pesqueira Domínguez, coñecida como A Capirota, nada na Mouta (Marín) 1 de xullo de 1907 e finada no mesmo concello o 18 de agosto de 1936, foi unha costureira e lavandeira galega vítima da represión franquista.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1907 Marín, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (29 anos) Mogor, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | lavandeira, costureira |
Traxectoria
editarCarmen Pesqueira Domínguez, mais coñecida pola veciñanza como "a Capirota", era filla do mariñeiro Antonio Pesqueira Pérez e de Gumersinda Domínguez Pesqueira. Era costureira e lavandeira de roupa allea. Lavaba para os relixiosos dun priorato e para as familias ricas de Marín. Foi nai solteira e o seu fillo tiña 4 anos en 1936.
Asasinato
editarA Capirota veu como unha banda de falanxistas estaban maltratando un grupo de persoas maiores por non querer levantar o brazo ao sonar o "Cara al Sol", e saíu na súa defensa. Estes falanxistas de Marín estaban capitaneados polo nazi Bruno Schweiger, coñecido como "El alemán" na zona.[1][2]
Por este feito, Pesqueira foi golpeada, vexada fisicamente, violada e torturada. Foi asasinada no Pozo da Revolta de Bagüín, na parroquia de Mogor o 18 de agosto de 1936. Ao día seguinte da súa morte e como advertencia á veciñanza os seus asasinos pasearon o cadáver cos seos mutilados pola vila de Bueu ata deixalo abandonado e tirado na rúa.[4][5][6]
A súa morte foi rexistrada o 19 de agosto de 1936 no rexistro civil de Bueu como "ferida no corazón", omitindo que o seu corpo tiña varios disparos ademais de sinais de maltrato. Foi soterrada no cemiterio de Bueu.[1][3]
Recoñecementos
editarO 18 de agosto de 2018, o Concello de Marín e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica rendéronlle unha homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez dedicándolle unha praza co seu nome.[6][2]
O grupo musical A banda da Loba dedicoulle unha canción, incluíndo o tema "A Capirota" no seu disco Xabón Lagarta (2022), contando a súa historia.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "O BNG de Marín propón unha praza adicada a Carmen Pesqueira "A Capirota"". Pontevedra Viva. 2018-01-25. Consultado o 2024-06-28.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "'A Capirota', la lavandera gallega que se enfrentó sola a la manada fascista". www.publico.es. 2018-08-19. Consultado o 2024-06-28.
- ↑ 3,0 3,1 "Carmen Pesqueira Domínguez (A Capirota) - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2024-06-28.
- ↑ 20minutos (2018-08-18). "Marín dedica una plaza a Carmen Pesqueira 'A Capirota' para "restaurar la memoria" de las víctimas de la represión". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2024-06-28.
- ↑ "Carmen Pesqueira 'A Capirota', fusilada en 1936, ya tiene una plaza en Marín". web.archive.org. 2019-08-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. Consultado o 2024-06-28.
- ↑ 6,0 6,1 "Marín dedica una plaza a Carmen Pesqueira 'A Capirota' para "restaurar la memoria" de las víctimas de la represión". Europa Press (en castelán). 18 de agosto de 2018.
- ↑ A banda da Loba - Topic (2022-04-28). "A Capirota". Consultado o 2024-06-28.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Carmen Pesqueira Domínguez, ‘A Capirota’, la lavandera gallega asesinada por enfrentarse sola a la manada falangista". Documentalismo Memorialista y Republicano (en castelán). 17 de setembro de 2018.