Carmen Hermo
Artista plástica e profesora galega
Carmen Hermo Sánchez, nada en Pontevedra o 23 de setembro de 1967,[1] é unha artista plástica e profesora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1967 (57 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | pintora, profesora |
Traxectoria
editarEstudou o bacharelato no IES Valle-Inclán de Pontevedra, graduouse na Universidade de Salamanca e doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo. Foi profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, profesora de ensino secundario[2] e profesora asociada na Universidade de Vigo, departamento de Debuxo[3] na Facultade de Belas Artes.[4]
Foi comisaria da exposición permanente do Museo Man de Camelle e directora do proxecto.[5][6]
Participou en máis de 100 exposicións nacionais e internacionacionais, foi comisaria de varias e participou como xurado en premios.[7]
- Márboles: árbores mariñas, mergulladas de toros entrópicos atopados nas praias.
- Ebrios de amor: namorados, bébedos. Estados de nos que o sentir vai alén da consciencia.
- Marom@s: maromas, cabos soltos, obxectos desdebuxados do seu propio significado.
- Deriva: as mareas, o vento e as correntes mariñas traen ás praias restos de madeira.
- 7paxaros_1ra: vídeo ou pintura. Frames ou cadros. Personaxes ou figuras.
- GPS vegetak: as árbores materializan na súa forma de crecemento a orientación norte.
- Sensorrúas: a rúa defragmenta é percibida como un todo grazas ao noso intelecto.
- Arte y Naturaleza: despois do encontro de Arte y Naturaleza en Camelle da man de Nils Udo, fórmase o grupo Arou, un grupo de artistas.
- Media-Lie: a realidade mediatizada, as medio verdades.
- Troncos: polifonía de significantes.
- La mirada de Superman: o novo espectador: a mirada virtual.
- Partes: Artistas por UNICEF – Segundo Encontro de Arte e Naturaza no Castelo de Soutomaior.
- Arquitecturas: proxecto desenvolvido coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Colexio de Arquitectos de Galicia.
- Os Augolla: seres de auga
- Simultaneidad: conceptualización de elementos icónicos que responden a linguaxes como a daa pintura, l televisión, o cine, a literatura, ou a informática.
- Mutantes: o fragmento como parte dun todo.
- Nordesía: exposición organizada pola dirección xeral do CGAC no Centro Conde Duque de Madrid.
- Silencio: o ensimismamento como xerme dun proceso.
Publicacicións
editar- Pintar en la era digital (2005). Deputación Provincial de Pontevedra. Col. “arte y estética”. 326 páxs. ISBN 9788484572343.[9]
- Man de Camelle (2018). Kalandraka. 48 páxs. ISBN 9788484644378. Ed. trilingüe. Prólogo de Antón Castro.[10]
Premios
editar- 2007: Primeiro premio do certame Arte Xoven Galego, organizado pola Asociación de Artistas Plásticos Gallegos e El Corte Inglés.[11]
- 2019: Gala do Libro Galego: Premio na categoría de Libro Ilustrado: Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).[12]
Notas
editar- ↑ ARTEINFORMADO (20140603). "Carmen Hermo. Artista". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "horario" (PDF). iesfreimartinsarmiento.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2021.
- ↑ "Carmen Hermo Sánchez Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Hermo Sánchez, Carmen". Facultade de Belas Artes. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Museo de Man". O Camiño dos Faros (en castelán). Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Vida e morte de Man en vinte debuxos". La Voz de Galicia. 2018-12-08. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Conta atrás para elixir os ‘Novos Valores 2020’ da arte". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "carmen hermo" (en castelán). Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Pintar en la era digital carmen hermo" (en castelán). Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "La pintora Carmen Hermo presenta “Man de Camelle” en el Espacio Kalandraka" (en castelán). 2019-03-20. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Carmen Hermo, ganadora del II Premio Arte Xoven". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Carmen Hermo. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-12-09.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar