Carmen Rodríguez de Legísima

pintora galega
(Redirección desde «Carme Rodríguez de Legísima»)

Carmen Rodríguez de Legísima, nada no Pazo de Lousado na parroquia de Loeda do concello ourensán de Piñor en 1896[1][2] e finada en Vigo o 10 de xullo de 1980, foi unha pintora galega.

Infotaula de personaCarmen Rodríguez de Legísima
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Lousado, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Carmen foi a filla máis nova nunha familia numerosa, acomodada, de terratenentes e xuristas, conservadora e moi católica. A condición de militar do pai levounos a trasladar o domicilio en varias ocasións, a Tui, A Coruña, Ourense e finalmente a Vigo. Estudou maxisterio en Madrid, que non exerceu, e aprendeu a pintar de xeito autodidacta.

Os retratos e bodegóns de Legísima son de pincelada grosa e forte colorido.[3]

  1. Na necrolóxica de La Voz de Galicia, 12-7-1980, p. 38, afírmase que morreu aos 84 anos.
  2. En 1896: segundo Plástica Gallega, A pintura en Galicia, Diccionario de Mulleres Galegas, Personaxes ilustres de Piñor Arquivado 30 de xuño de 2012 en Wayback Machine. na páxina do concello e a ficha Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine. da Colección Afundación.
    En 1904: segundo Anselmo López Morais na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e a ficha Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. do Museo de Belas Artes da Coruña.
    1858: naceu (e morreu) nese ano segundo o artigo de Dolores Villaverde Solar Sinxeleza, espiritualidade e arte... Álbum de Mulleres.
  3. Imaxe de Nena da galería óleo/lenzo, 95x68 cm, exposto na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar