Carlos Seixas

compositor portugués

José António Carlos de Seixas, nado en Coímbra o 11 de xuño de 1704 e finado en Lisboa o 25 de agosto de 1742, foi un compositor e organista portugués.

Modelo:BiografíaCarlos Seixas

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) José António Carlos de Seixas Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1704 Editar o valor en Wikidata
Coímbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1742 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónorganista, clavicembalista, compositor Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Obálky knih,
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1488324 Musicbrainz: 064cee58-4302-4c02-bba4-aff714ab13e8 Discogs: 1721329 IMSLP: Category:Seixas,_Carlos WikiTree: Seixas-27 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Francisco Vaz e de Marcelina Nunes, Carlos Seixas estudou co pai e cedo o substituíu como organista da Sé de Coímbra, cargo de grande responsabilidade que exerceu durante dous anos. Aos 16 anos partiu para Lisboa, momento en que a corte portuguesa era das máis derrochadoras de Europa. Foi moi solicitado como profesor de música de familias nobres da corte, nomeado organista da Sé Patriarcal e da Capela Real (sendo o Mestre desta Domenico Scarlatti estableceran relacións proveitosas). Carlos Seixas gozaba de fama de ser músico e profesor excelente. Na capital impúxose como organista, cravista e compositor. Co seu traballo sustentou á muller, que desposara aos 28 anos, e ós cinco fillos, dous fillos e tres fillas, e adquiriu algunhas casas preto da Sé. Carlos Seixas morreu o 25 de agosto de 1742, de febre reumática, xa sendo Mestre da Capela Real.

No que se refire á composición, Carlos Seixas foi un dos maiores compositores portugueses de música de tecla. Fixo escola en Portugal creando un estilo seu (a pesar da influencia italiana e francesa que se constatan nalgunhas das súas obras) que foi imitado durante algún tempo despois da súa morte.

No século XVIII se esixía aos compositores que a súa música fose fiel aos pensamentos e ideais estéticos do medio. A composición era de certa forma limitada a un número de características previamente definidas, feito que debemos ter en conta cando analizamos a obra dos compositores.

A obra de Seixas é en gran parte resultado dos ambientes en que compuxo. Como organista da Capela da Sé Patriarcal tiña a posibilidade de tocar antes e despois da misa unha peza a solo que podería ser unha tocata ou unha sonata (ritual común en todas as catedrais Católicas). Para estes casos, había unha preferencia polas pezas de carácter vistoso e brillante. Noutras partes da cerimonia, o organista podía aínda tocar en momentos que admitisen un solo instrumental. Desta forma, os compositores aproveitaban para dar a coñecer as súas composicións ou improvisacións. É seguro que as sonatas de Seixas foron tocadas na Igrexa, polo menos as de carácter relixioso.

Carlos Seixas acompañaba ao cravo as festas nos pazos reais ou no soar dalgunhas casas nobres. Nestes eventos tiña tamén a oportunidade de tocar como solista, aproveitando probabelmente para tocar as súas sonatas compostas co obxectivo de ser recoñecido como concertista e compositor.

Para máis alá da Capela Real e da Corte, apenas se dedicaba ao ensino de música. Esta faceta obrigaba-o a ter material didáctico diversificado variando de alumno para alumno segundo o grao e as capacidades de cada un, dos cravos ou clavicordios que posuían. A pesar de estar fortemente suxeita a un vasto número de condicionantes, a obra de Seixas non deixa aparte a calidade e a orixinalidade do seu estilo persoal.

Nunca se deixou levar polos estilos importados en Portugal, nin deixou que a súa obra se confundíse coa dos seus contemporáneos estranxeiros. A presenza do temperamento lusitano é unha constante das súas composicións. A evolución da estrutura bipartida da sonata para tecla, para a estrutura tripartida está presente nas sonatas de Carlos Seixas, sendo unha anticipación da forma da sonata clásica. Ata agora non se coñecen versos de Seixas. O máis probábel é que se perderan e porque é pouco creíble que Seixas usara sempre versos alleos nas súas composicións.

Obras corais

editar
  • Tantum ergo
  • Ardebat vincentius
  • Conceptio gloriosa
  • Gloriosa virginis Mariae
  • Hodie mobis caelorum
  • Sicut cedrus
  • Verbum caro
  • Dythyrambus in honorem et laudem Div. Antonii Olissiponensis

Obras instrumentais

editar
  • Abertura en Ré
  • Concerto en Lá
  • Sinfonia en Sib
  • cerca de 100 sonatas propias e cerca de 16 atribuídas.

As creacións de Carlos Seixas posúen elegancia, lixeireza, suavidade e inspiración melódica. O seu fraseado é de carácter irregular e asimétrico e a súa linguaxe harmónica e simple.

As súas obras encóntranse na Biblioteca Geral da Universidade de Coimbra, na Biblioteca Nacional de Lisboa e na Biblioteca da Ajuda.

  Sonata

Discografía

editar
  • Keitil Haugsand; Norwegian Baroque Orchestra; Concerto para cravo en Lá, Sinfonia en Sib, Sonatas para cravo; VirginVeritas.
  • Keitil Haugsand; Norwegian Baroque Orchestra; Missa, Dixit Dominus, Tamtum Ergo, Sonatas para órgão; VirginVeritas.
  • János Sebestyén; János Rolla; Orquestra de Câmara Ferenc List; Concerto para cravo en Lá, Sinfonia en Sib, Abertura en Ré, Concerto en Sol (atribuído); Strauss/PortugalSom. * Rui Paiva; 12 sonatas para cravo; Philips.
  • Manuel Morais; Segréis de Lisboa; José Luís González Uriol; Portugaler.
  • Alessandro Scarlatti, Carlos Seixas, varios. Sophie Yates Chandas; CHAN.
  • Seixas: Harpischord Sonatas; Robert Woolley. * Seixas: Harpischord Sonatas; Débora Halász.
  • Seixas: Música Sacra; Manuell Morais, Segréis de Lisboa, Coral Lisboa Cantat; Portugaler.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Kastner, Macário Santiago; 1908-Carlos de Seixas. Coímbra: Coimbra Editora, 1947
  • Seixas, Carlos (1704-1742); 25 sonatas para instrumentos de tecla. Lisboa: Fundación Calouste Gulbenkian, 1998.
  • Seixas, Carlos (1704-1742); 80 sonatas para instrumentos de tecla. Lisboa: Fundación Calouste Gulbenkian. 1992.
  • J. M. Pedrosa Cardoso (Coordenación); "Carlos Seixas, de Coimbra". Coímbra, Imprensa da Universidade, 2004.

Ligazóns externas

editar