Carlos Núñez Rodríguez
Carlos Núñez Rodríguez, nado en Ourense o 2 de agosto de 1941, é un publicista, deseñador e escritor galego.
Carlos Núñez Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1941 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | publicista e escritor |
Pai | Albino Núñez Domínguez |
Fillos | Carlos Núñez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do mestre Albino Núñez Domínguez. Militante do Partido Comunista de España, pertenceu ao seu comité central na clandestinidade, e logo da constitución do Partido Comunista de Galicia en 1968, tamén pertenceu ao seu comité central ata a súa legalización. Foi detido en varias ocasións, en tres delas pasou polo Tribunal de Orde Pública, e estivo un ano preso en Palencia, noutra ocasión catro meses en prisión e na última un mes. En 1972 o partido trasladouno a Italia e despois estivo en París. Coa legalización do PCE retornou a Vigo. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PCG á alcaldía de Vigo,[1] que obtivo tres concelleiros. Volveu ser elixido concelleiro, agora en solitario nas eleccións municipais de 1983. Membro do Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Gutenberg Mainz (Alemaña) e da Asociation Paleographique International (París). Formou parte de varios xurados de artes plásticas e visuais.
ObrasEditar
- Vigo a través da Historia (1996)
- Entra hoy en el Vigo de ayer (s. XVIII) (1998)
- Un día dentro de las murallas de Pontevedra (s. XVIII) (1999)
- Ó pé da Letra: A istoria da tipografía galega (2000)
- Entra hoy en el Ourense de ayer (s. XVIII) (2000)
- El Mundo del Área Metropolitana de Vigo (2000)
- Alfabetos Gallaecia Castelo e Gótica galega (2001)
- Diccionario Histórico de la Escritura y de las Artes e Industrias Gráficas (2015)
- Vigo metropolitano na Galicia céltica (2017)
Vida persoalEditar
Casou con María Jesús Muñoz, é pai de Carlos Núñez Muñoz.
NotasEditar
- ↑ "Carlos Núñez, del P.C.G. a la alcaldía", El Pueblo Gallego, 11-2-1979, p. 10.