Carlos Morris Soriano

militar e político español

Carlos Morris Soriano, nado en Valencia cara a 1880 e finado en Ferrol o 24 de agosto de 1936, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaCarlos Morris Soriano
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Comandante de Infantaría de Mariña. Foi comandante do transporte Almirante Lobo e combateu en África, polo que foi condecorado. Foi nomeado Axudante de mariña de Viveiro en 1928.[1] Retirado, na Segunda República militou en Unión Republicana e foi concelleiro da Frente Popular en Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Detido en Ferrol o 23 de agosto,[2] foi asasinado o día seguinte pretextando un traslado a Viveiro.

Vida persoal

editar

Casou en Ferrol con Amparo de Castro Fernández en 1903.[3]

  1. El Correo Gallego, 1-6-1928, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 8.
  3. El Correo Gallego, 13-6-1903, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar