Carlos Fernández-Novoa

xurista e profesor galego



Carlos Fernández-Novoa Rodríguez, nado na Estrada en 1930 e finado no mesmo concello o 30 de setembro de 2015, foi un xurista e catedrático galego, experto en propiedade industrial e propiedade intelectual.

Infotaula de personaCarlos Fernández-Novoa
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de setembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 135983

Traxectoria editar

Foi catedrático de Dereito Mercantil e Industrial da Universidade de Santiago de Compostela entre 1964 e 2000. En 1966 funda a Escola de Dereito Mercantil en España na Universidade de Santiago de Compostela, que foi consolidada no 1974 coa publicación do primeiro número da “Revista Actas de Derecho Industrial”.

Dende 2012, era académico da “Real Academia de Jurisprudencia y Legislación”, unha institución formada por xuristas, catedráticos, maxistrados e notarios de maior peso a nivel español.

Recoñecementos editar

  • Creación da Cátedra de Innovación e Propiedade Industrial “Carlos Fernández-Nóvoa”, creada pola Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e Escola de Organización Industrial (EOI).
  • Asesor da firma PONS Patentes y Marcas Internacional e Presidente de Honor do Máster de Propiedade Industrial e Intelectual da Universidade Rey Juan Carlos e a Fundación PONS.
  • Premio Montero Ríos de Investigación Social, en 1998
  • Doutor Honoris causa pola Universidade de Alcalá de Henares no ano 2010.
  • Medalla Castelao da Xunta de Galicia no ano 2015.
  • Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort e Presidente do xurado de Autocontrol.

Obras editar

  • Fundamentos de Derecho de Marcas (1984)
  • El sistema comunitario de marcas (1995)
  • Tratado sobre Derecho de Marcas (2001)
  • Manual de Propiedad Industrial (2009)
  • Jurisprudencia comunitaria sobre marcas (2009)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar