Carlos Abraira Cela

médico, xornalista e político galego

Carlos Abraira Cela, nado en Buenos Aires o 25 de marzo de 1936 e finado en Miami (Florida) o 18 de febreiro de 2017,[1] foi un médico e galeguista da Arxentina.

Carlos Abraira Cela
Nacemento25 de marzo de 1936
 Buenos Aires
Falecemento18 de febreiro de 2017
 Miami
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e xornalista
PaiJosé Benito Abraira
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do dirixente galeguista na emigración José Benito Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, membro do consello de redacción do periódico Adiante (1954-1955) e un dos promotores da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Licenciado en Medicina pola Universidade de Buenos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. Foi profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Colaborador na prensa galeguista de Buenos Aires. En 1999 trasladuse a Miami e foi profesor de Medicina na Universidade de Miami.

ObrasEditar

  • Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas, 1961.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar