Carl Landry

baloncestista estadounidense

Carl Christopher Landry, nado o 19 de setembro de 1983 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Carl Landry
Axente libre
Posición Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 19 de setembro de 1983 (40 anos)
Milwaukee, Wisconsin
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 112 kg (248 lb)
Información da carreira
Universidade Vincennes (2002–2004)
Purdue (2004–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Seattle SuperSonics
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Houston Rockets (2007–2010)
Sacramento Kings (2010–2011)
New Orleans Hornets (2011–2012)
Golden State Warriors (2012–2013)
Sacramento Kings (2013–2015)
Philadelphia 76ers (2015–2016)
Jilin Northeast Tigers (2017–2018)
Hiroshima Dragonflies (2019)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Landry foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Seattle SuperSonics, e foi traspasado aos Houston Rockets a cambio dunha futura elección de segunda rolda. Na súa tempada coma rookie, apenas xogou ao principio da tempada, pero coa lesión do seu compañeiro Yao Ming converteuse nunha peza importante nos Rockets, que lograron 22 vitorias consecutivas, a segunda mellor marca da historia da NBA. Foi elixido no segundo equipo de Rookies ao remate da tempada.

Tras esa tempada, Landry converteuse en axente libre restrinxido. O 24 de setembro de 2008, aceptou unha oferta dos Charlotte Bobcats, por 9 millóns de dólares durante 3 anos.[1] Ao día seguinte, os Rockets igualaron a oferta.[2]

Na súa terceira tempada en Houston, Landry recibiu moitos minutos, debido á baixa de Yao Ming, que se recuperaba dunha lesión. Xogou 52 partidos, nos cales fixo 16.2 puntos, 5.5 rebotes e 1 tapón por partido.

O 18 de febreiro de 2010, Landry foi traspasado aos Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos que levou a Tracy McGrady aos New York Knicks e a Kevin Martin aos Rockets.[3] Foi titular nos 28 partidos que xogou cos Kings, acadando 18 puntos, 6.5 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón por partido.

O 23 de febreiro de 2011, Landry foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Marcus Thornton e algo de diñeiro.[4] O 17 de decembro de 2011, Landry asinou un novo contrato cos Hornets por un ano e 9 millóns de dólares.[5]

O 1 de agosto de 2012, Landry fichou polos Golden State Warriors.[6]

O 15 de xullo de 2013, Landry asinou un contrato multianual cos Sacramento Kings.[7]

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2007–08 Houston 42 16.9 .616 .000 .661 4.9 0.5 0.4 0.2 8.1
2008–09 Houston 69 21.3 .574 .333 .813 5.0 0.6 0.4 0.4 9.2
2009–10 Houston 52 27.2 .547 .000 .839 5.5 0.8 0.5 0.9 16.1
2009–10 Sacramento 28 37.6 .520 .333 .741 6.5 0.9 1.0 0.6 18.0
2010–11 Sacramento 53 26.5 .492 .000 .721 4.8 0.9 0.6 0.4 11.9
2010–11 New Orleans 23 26.2 .527 .000 .795 4.1 0.6 0.4 0.5 11.8
2011–12 New Orleans 41 24.4 .503 .000 .799 5.2 0.9 0.3 0.3 12.5
2012–13 Golden State 81 23.2 .540 .333 .817 6.0 0.8 0.4 0.4 10.8
Total 389 24.5 .536 .176 .784 5.3 0.8 0.5 0.5 11.9

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2008 Houston 6 17.7 .423 .000 .750 4.7 0.0 1.2 0.5 5.7
2009 Houston 13 18.5 .557 .000 .576 3.9 0.2 0.3 0.4 7.5
2011 New Orleans 6 35.5 .456 .000 .917 5.0 1.0 0.7 0.5 15.8
2013 Golden State 12 20.5 .520 .000 .731 5.2 1.4 0.6 0.2 11.8
Total 37 21.8 .504 .000 .745 4.6 0.7 0.6 0.4 9.9

Notas editar

  1. "Bobcats Extend Offer Sheet to Carl Landry". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o 2008-09-24. 
  2. "Rockets Decide to Match Offer for Carl Landry". NBA.com. Consultado o 2008-09-25. 
  3. "KINGS ACQUIRE CARL LANDRY, JOEY DORSEY AND LARRY HUGHES IN THREE-WAY TRADE WITH HOUSTON AND NEW YORK". NBA.com. 2010-02-18. Consultado o 2010-02-19. 
  4. "HORNETS ACQUIRE CARL LANDRY". NBA.com. 2011-02-23. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 2011-02-24. 
  5. "HORNETS RE-SIGN CARL LANDRY". NBA.com. 2011-12-17. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2012. Consultado o 2012-07-21. 
  6. Warriors sign Landry
  7. "KINGS SIGN CARL LANDRY". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar