A cariorrexe (do grego antigo karyon = "améndoa, semente ou núcleo", e rhexis- = "rebentar") é a fragmentación destrutiva do núcleo dunha célula moribunda[1] na que a súa cromatina se distribúe irregularmente polo citoplasma. Xeralmente vai precedida da picnose e seguida da cariólise e pode ocorrer como resultado da morte celular programada (apoptose), senescencia, ou necrose.

Características morfolóxicas da picnose e outras formas de destrución nuclear.
Apoptose.

Na apoptose, a clivaxe do ADN realízana endonucleases dependentes de Ca2+ e Mg2+.

  1. Zamzami N, Kroemer G. (1999). "Apoptosis: Condensed matter in cell death". Nature 401 (127): 127–8. PMID 10490018. doi:10.1038/43591. 

Véxase tamén

editar