Abrir o menú principal
Carioferina (importina) beta 1. PDB 1f59

As carioferinas son un grupo de proteínas implicadas no transporte de moléculas entre o citoplasma e o núcleo celular das células eucariotas. O transporte mediado polas carioferinas ten lugar a través dos poros nucleares, que actúan como unha porta para entrar e saír do núcleo. A maioría das proteínas necesitan as carioferinas para poder atravesar os poros nucleares.

As carioferinas poden actuar como importinas (que axudan ás proteínas a entrar no cúcleo) ou exportinas (que as axudan a saír do núcleo). Forman parte da Familia do Complexo do Poro Nuclear de proteínas[1] na base de datos de clasificación de transportadores (TCDB, transporter classification database).

A enerxía para o transporte destas moléculas deriva do gradiente Ran.

Importina betaEditar

Un exemplo de carioferina é a importina beta. A importina beta é un tipo específico de carioferina que facilita o transporte de cargamentos de proteínas ao interior do núcleo. Para facelo, primeiramente únese á importina alfa (outro tipo de carioferina que se une á proteína a transportar no citoplasma), e despois a proteína a transportar é importada ao interior do núcleo a través dun poro nuclear usando a enerxía derivada do gradiente Ran. Unha vez dentro do núcleo, o cargamento transportado disóciase das carioferinas.

A importina beta pode tamén transportar proteínas ao núcleo sen a axuda da proteína adaptadora importina.[2]

Xenes humanos da familia da carioferinaEditar

NotasEditar

  1. http://www.tcdb.org/search/result.php?tc=9.A.14
  2. Poon, I. K. H. and D. A. Jans (2005). "Regulation of nuclear transport: Central role in development and transformation?" Traffic 6(3): 173-186.

Véxase taménEditar