Caridina multidentata

Caridina multidentata

Caridina multidentata.

Detalle das pezas bucais.
Detalle das pezas bucais.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Familia: Atyidae
Xénero: Caridina
Especie: C. multidentata
Stimpson, 1860

Caridina multidentata, coñecida cos nomes de camarón de Amano, camarón do Xapón ou camarón do Yamato,[2] é unha especie de camarón de auga doce orixinaria do río Yamato (Xapón) que habita tamén nalgunhas áreas de Corea e Taiwán, sen que estea claro se é nativa nestas últimas localizacións ou foi introducida. Vive en «enxames» de decenas ou centenas de exemplares. Ten corpo traslúcido, cuberto lateralmente con puntos marróns avermellados de ± 0.3 mm, que asemellan facer unha liña crebada de cor avermellada. A superficie dorsal presenta unha raia branca que vai da cabeza á cola. Os ollos son de cor negra. As femias distínguense facilmente dos machos por unha fila máis baixa e alongada de puntos ao longo do corpo.

Caridina multidentata chegou ao mundo da acuariofilia a comezos da década de 1980, introducida polo acuariofilista xaponés Takashi Amano. Úsanse en acuariofilia como limpadores debido á súa alimentación a base de algas.

Caridina multidentata coñeceuse anteriormente entre os acuaristas como Caridina japonica, rebautizándose como Caridina multidentata por mor dun estudo de 2006.[3][4]

Pódese distinguir o sexo das pequenas Caridinas de forma sinxela xa que as femias miden aproximadamente o dobre que os machos que non superan os 3 cm. O abdome das femias tamén é moito máis avultado. Ademais as fileiras de puntos que percorren o seu corpo nas femias tenden a xuntarse formando liñas descontinuas.[5]

Reprodución editar

Caridina multidentata vive tanto en pantanos como en correntes de auga doce. As femias indican a súa disposición para aparearse mediante a liberación de feromonas, cuxo rastro seguen os machos para atopalas. Unha vez que os ovos fertilizados son liberados, chegan a augas mariñas ou salobres nas que ten lugar o desenvolvemento das larvas. En catividade, no entanto, rexistráronse casos de reprodución en auga doce.

Cando os camaróns novos se metamorfosean na última etapa larvaria, e son semellantes a pequenos camaróns adultos, retornan á auga doce, onde transcorre o resto do seu ciclo vital.

Notas editar

  1. De Grave, S., Shy, J. & Cai, X. (2013). "Caridina multidentata". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  2. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 27 de xuño de 2022.
  3. Matt Clarke (21 de setembro de 2006). "Amano shrimp gets new name". Practical Fishkeeping. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  4. Yixiong Cai, Peter K. L. Ng, Shigemitsu Shokita & Kiyoshi Satake (2006). "On the species of Japanese atyid shrimps (Decapoda: Caridea) described by William Stimpson (1860)" (PDF) 26 (3): 392–419. JSTOR 4094124. doi:10.1651/c-2572.1. 
  5. "Caridina multidentata, pequeñas gambas para el acuario de agua dulce" (en castelán). 2019-10-29. Consultado o 2021-07-27. 

Véxase tamén editar