Cariclo (filla de Cicreo)

Co nome de Cariclo coñécese unha filla de Cicreo, rei de Salamina; outra tradición di que a filla de Cicreo era Glauce. Este Cicreo era fillo de Poseidón e Salamina. Cando matou unha gran serpe que asolaba a illa, os seus habitantes proclamáronlle rei, se ben Hesíodo di que foi o mesmo Cicreo quen criou a serpe.

Casou con Escirón, fillo de Pélope ou de Poseidón e rei da cidade Mégara, na Ática, con quen tivo unha filla chamada Endeis. Pero como esta non tivo descendencia masculina, Cicreo deixou o reino a Telamón, un dos participantes na viaxe dos Argonautas, aínda que tamén se di que este Telamón -xunto a Éaco- era fillo de Endeis.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grimal, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s.v. Cariclo e Escirón.