Cariclo (esposa de Quirón)
Cariclo foi unha das fillas de Apolo ou, segundo outros mitógrafos, do Titán Océano.
Cariclo (esposa de Quirón) | |
---|---|
Tipo | ninfa grega ![]() |
Parte de
| |
Semellante a
| |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
Familia | |
Nai | Stilbe (en) ![]() ![]() |
Pai | Apolo, Océano e Perses ![]() |
Cónxuxe | Quirón ![]() |
Fillo/a | Carystus (en) ![]() ![]() ![]() |
Fontes e ligazóns | |
[ Wikidata ] |

Casou co centauro Quirón, un dos escasos exemplos de centauros sabios e bondadosos [1], con quen tivo tres fillas, Hipe (tamén coñecida como Melanipe, que quere dicir "égua negra", ou Euipe, "égua boa"), Endeide e Ociroe, e mais un fillo, Caristo.
Con Quirón, educou a Xasón, Aquiles, Asclepio e máis. Esón, despoxado do trono de Iolco polo seu irmán Pelias, entregou ó seu fillo Xasón ó coidado de Quirón, con quen aprendeu Medicina. Aquiles, sétimo fillo da oceánide Tetis e de Peleu, un rei de Tesalia, tamén foi entregado a Quirón cando a nai abandonou o pai.
Quirón, aínda que naceu inmortal, morrería ó ser ferido accidentalmente por unha das frechas envelenadas de Heracles.
Notas
editar- ↑ "O máis célebre, asisado e sabio dos centauros" (Grimal, s. v. Quirón).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s.v. Cariclo.