Caracol ao pôr-do-sol

obra literaria de Ernesto Guerra da Cal

Caracol ao Pôr-do-Sol é un poemario de Ernesto Guerra da Cal, publicado de forma póstuma en 2001 pola editorial Agal na colección literaria Caracol, cun prólogo de Carlos Reis. O libro fora escrito cara a 1992.

Caracol ao pôr-do-sol
Autor/aErnesto Guerra da Cal
Lingualingua galega
Xénero(s)poesía
Data de pub.2001
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O libro está composto por 125 páxinas que se dividen nun prólogo e once epígrafes, cun total de sesenta e tres poemas, a última das cales titulada “Sumo Parnaso Nosso”, con dous poemas adicados a Luís de Camões e a Rosalía de Castro. A capa é de Raguer Caldas .

Prólogo

  1. Caracol ao pôr-do-sol
  2. Gaivota alta
    • Minimidade
    • Setembro
    • Documento
    • Enlevo marítimo
    • Niké
    • Unanimidade
  3. Lagarto absorto
    • Ontología óptica
    • Conhecimiento
    • As mãos
    • Pasmos carioca
    • Clavis hieroglyphica
    • Sobrenaturalidade
    • Mulher
    • Simile alienum
  4. Coraçao no trovâo
    • Bombardeamento
    • Voltas
    • Amor Desabitado
    • Despedida
    • Transmigraçao
    • Cântico
    • Estoria simples e patética a Leste do Paraíso
    • Fado chorado sobre um amor passado
    • EvAdâo
    • Desencontro
  5. Relógio de areia<\li>
    • Sábadomingo
    • Na tarde
    • A Vida a desfolhar-se
    • Dsitância
    • Crepúsculo de ontem
    • Compaixâo
    • Tempo
    • Instante
  6. VI Alma do espello
    • Malogro
    • Identidade
    • Ubi?
    • Non sum dignus
    • Revelação
    • Otherness
    • Morte trina.
  7. Noite Nua
    • Nihil scitur
    • Balada tristemente balada
    • Boca do Inferno (Cascais)
    • Arrepio
    • Penúltimo soçobro
    • Calafrio
    • Velhice
    • Inter umbra
  8. Torre de gelo
    • Decepção
    • Sina
    • Dança da morte
    • In vita esse
    • Lusco-fusco
    • Antemanhã
  9. Sarça ardente
    • Tetragámmaton
    • Poesía
    • Verbo
    • Espuma
    • Lázaro
  10. Tres poemas carnais
    • Esfinge
    • Eucaristia Sacrílega
    • Imago floris
  11. Sumo parnasso nosso
    • Cantiga a Luís de Camões
    • Cantiga a Rosalía (Mais uma vez e sempre)

    editar

    O volume inicíase co texto de apresentación “Ernesto Guerra da Cal e a poesía no crepúsculo da vida” (páx. 7-9) do Profesor Doutor Carlos Reis, da Universidade de Coímbra. Nese traballo, este prestixioso especialista portugués salienta que Ernesto da Cal «nunca renunciou» á identidade cultural galega. E entre outras valorizacións valiosas deste libro de poesía, engade Carlos Reis (páx. 8-9):

    Como espírito superior que sempre foi, Guerra da Cal soubo tirar da vida as lecións que ela quixo ensinarlle e deducir delas a sageza que ben lle coñeceran os que tiveran o privilexio de convivir con el . Caracol ao Pôr-do-Sol é consecuencia directa desa sageza; e así o caracol, bicho directamente saído da memoria viva da Galiza materna, ven ensinarnos, no crepúsculo da vida en que lentamente destila a baba “Baba lírica”(páx.15) dun tempo final, unha lección que é a desa sageza.

    Na poesía crepuscular de Guerra da Cal, resoa lúcidamente a certeza da irreversíbel crueldade dun tempo que non se deten e que, na súa marcha imparábel, trae consigo a morte. Mais nin por iso a poesía de Guerra da Cal é menos serena, sen deixar de ser, moitas veces, un exuberante tributo ao poder creativo e catártico da linguaxe: se o tempo é implacábel e se está para chegar a noite da vida, sen apelo nin retorno, entón a poesía debe ser unha celebración do que esa vida soubo dar. No debate sordo entre Eros e Thanatos, subsiste o vigor co que o poeta afirma o amor, a vitalidade que o fascínio pola muller implica, a evocación de instantes redentores, a atracción polo misterio do coñecemento, a revelación de momentos en que se sente un “calafrio mortal de beleza” e tamén unha progresiva identificación con Deus, sen outro intermediário que non sexa o propio discurso do poeta. Todo iso e, ao mesmo tempo, o desasombro co que Guerra da Cal recoñece o carácter transitorio da existencia humana, a pequenez do home perante Deus, o «escuro silêncio» no que o tempo pode mergullar, o misterio da identidade traduzido na «agonia de non saber quen son eu».

    Caracol ao pôr-do-sol editar

    No primeiro epígrafe o autor comeza con varias citas de personalidades tales como: Mathew Arnold Sthèpane Mallarmè,Novalis e Pascal. A continuación inclúese un único poema que é o que dá nome ao libro, baixo unha cita de Jonh Donne «Yesternight the sun went hence, And yet is here today». Nesta composición o tema principal é o paso do tempo, seguindo o tópico latino “tempus fugit”, onde o autor reflicte como esperamos todos (coa figura do caracol) por ese solpor da vida (morte).

    Gaivota alta editar

    Gaivota alta esta constituída por un conxunto de seis poemas, introducidos por unha cita de Juan Ramón Jiménez «Dios está azul».Poderíase dicir que estes poemas están englobados no mesmo epígrafe debido a presenza de Deus, o mar, o vento e dúbidas existencialistas, véase no poema “Documento”, en moitos deles. A aspectos formais, cabe destacar como Guerra da Cal nalgúns dos poemas recalca o pronome persoal “EU” en maiúscula. A datación dos poemas comprende dende 1962 até 1990 case o final da súa vida, escritos en diferentes cidades .