Caracará do norte

especie de paxaro

O caracará do norte[4] (Caracara cheriway) é unha especie de ave de rapina que pertence á familia Falconidae. É nativo de América do Sur, o Caribe, América Central, e América do Norte até o sur dos Estados Unidos.[1] Outrora, estivo considerado conespecífico con C. plancus e C. lutosa.[5][6][7]

Caracará do norte
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Falconidae
Xénero: Caracara
Especie: C. cheriway
Nome binomial
Caracara cheriway
(Jacquin, 1784)
Distribución de Caracara cheriway
Distribución de Caracara cheriway

Distribución de Caracara cheriway
Sinonimia

Caracara cheriway audubonii (Cassin, 1865)
Caracara plancus cheriway
Polyborus audubonii Cassin, 1865
Polyborus plancus audubonii Cassin, 1865
Polyborus cheriway
Polyborus plancus cheriway
Polyborus tharus[2][3]

Descrición editar

C. cheriway ten unha lonxitude de 49-58 cm, unha envergadura de 120 cm, e pesa 1050-1300 g.[8] Ten unha cola longa, e ás anchas. As súas patas son longas, e camiña e corre a miúdo no chan. Os adultos teñen o corpo, as ás, a crista e a coroa de cor negra. Teñen manchas brancas no pescozo, rabadilla e as ás. A cola é de cor branca con negro e unha franxa terminal. O peito é de cor branca, finamente barrado con negro. O peteiro é groso, de cor agrisada, e as patas son de cor amarela. A cera e a pel da faciana son de cor amarela escura a laranxa-vermella, dependendo da idade e o estado de ánimo.

Non hai dimorfismo entre os sexos, pero as aves inmaturas son de cor marrón, co peito pálido con manchas de cor café, pernas de cor branca agrisada, e a cera e a pel da faciana é agrisada ou rosada-púrpura opaca.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2009). "Caracara cheriway". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 4 de abril de 2011. 
  2. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Caracara cheriway (TSN 175595)" (en inglés). 
  3. Dove, Carla J.; Banks, Richard C (1999). "A Taxonomic Study of Crested Caracaras (Falconidae)" (PDF). The Wilson Journal of Ornithology - The Wilson Bulletin (Wilson Ornithological Society) 111 (3): 330–339. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018. 
  4. Definición de caracará no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. AOU Check-list of North American Birds. 7th edition w. supplements. Consultado o 26 de abril de 2008
  6. ABA Check-list (PDF). Arquivado 14 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Version 6.8. Consultado o 26 de abril de 2008
  7. Clements, James F (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World (6th ed.). Cornell University Press. ISBN 978-0-7136-8695-1. 
  8. "Crested Caracara Life History". All About Birds. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 22 de agosto de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar