O Caproni-Bergamaschi Ca.310 Libeccio (vento do suroeste) foi un bombardeiro lixeiro e avión de recoñecemento italiano da segunda guerra mundial. Produciuse paralelamente ao Ca.309, co que compartía célula, pero tiña mellores motores e tren de aterraxe retráctil que melloraban as súas prestacións. Voou por primeira vez en febreiro de 1937 e fabricáronse uns 1.600 exemplares.

Caproni Ca.310 Libeccio
Tiporecoñecemento
FabricanteCaproni
Deseñado porCesare Pallavicino
Primeiro voo20 de febreiro de 1937
Introducido1938
Retirado1948
Principais usuariosRegia Aeronautica
Forza Aérea de Hungría
Real Forza Aérea de Noruega
Forza Aérea do Perú
Unidades construídas312
VariantesCaproni Ca.313
Caproni Ca.311

Estreouse en combate na guerra civil española, e tomou parte nas primairas faces da segunda guerra mundial en Libia. Algúns foron usados en grupos de ataque como substitución temporal do insatisfactorio Breda Ba.65. O derradeiro Ca.310 foi retirado fa Forza Aérea Italiana en 1948.

Deseño editar

O Ca.310 deseñouse como un avión de recoñecemento/bombardeiro monoplano bimotor de á baixa, sendo esencialmente unha versión do semi-militar Ca.309 con tren de aterraxe e mellores motores. A fuselaxe era de tubos de aceiros soldados cubertos por paneis de aliaxe lixeira e tea, mentres que a zona de cola era de madeira con recubrimento de contrachapado nas zonas fixas e tea nas superficies de control. Sobre a fuselaxe había unha torreta dorsal operada manualmente armada cunha metralladora de calibre 7,7 mm Breda-SAFAT.