Breda Ba.65

avión italiano de ataque ao chan

O Breda Ba.65 foi un avión italiano de ataque ao chan usado pola Aviazione Legionaria na guerra civil española e pola Regia Aeronautica na segunda guerra mundial. Desenvolveuse a partir do Ba.64 e voou por primeira vez en setembro de 1935. Foi o único avión italiano de ataque ao chan que operou con este rol. Combateu case exclusivamente nos teatros do Norte de África e Oriente Medio.[1] Construíronse 218 exemplares e foi un auténtico fracaso, aínda que os italianos agardaban moito del. Exportáronse 55 exemplares a Chile, Iraq e Portugal.[2]

Breda Ba.65
Tipoataque ao chan
FabricanteBreda
Primeiro voosetembro de 1935
Retirado1941
Principais usuariosRegia Aeronautica
Produción1935 - 1939
Unidades construídas218

Deseño editar

O Ba.65 foi deseñado por Antonio Parano e Giuseppe Panzeri como unha evolución do Ba.64. O Ba.65 era un avión monoplano de á baixa, monopraza, de construción totalmente metálica, co tren de aterraxe de popa retráctil. Ao igual que o seu predecesor, pretendeuse deseñar un avión con múltiples roles, como caza, ataque e recoñecemento.[3] O Ba.65 estaba equipado con armamento montado nas ás, formado por dúas metralladoras de 12,7 mm e dúas de 7.7 mm Breda-SAFAT, cunha capacidade interna para 200 200 kg de bombas ademais de puntos de ancoraxe externos con capacidade para 1.000 kg. O prototipo, que voou por vez primeira en setembro de 1935, ao igual que o avión de produción, usou o motor radial Gnôme-Rhône K-14 de 700 cabalos producido baixo licenza por Isotta-Fraschini. A partir do exemplar número 82 equipouse co máis potente Fiat A.80 RC.41 de 1.000 cabalos.[3] A fabricación rematou en xullo de 1939 despois de que Breda e Caproni construísen 218 aparellos.

Notas editar

  1. Angelucci e Matricardi 1978, p. 191
  2. Mondey 2006, pp. 25-26
  3. 3,0 3,1 Mondey 2006, p. 25

Bibliografía editar

  • Angelucci, Enzo and Paolo Matricardi. World Aircraft: World War II, Volume I (Sampson Low Guides). Maidenhead, UK: Sampson Low, 1978. ISBN 0-562-00096-8.
  • Mondey, David. "Breda Ba.65." The Hamlyn Concise Guide to Axis Aircraft of World War II. New York: Bounty Books, 2006. ISBN 0-7537-1460-4.