Capitalismo cognitivo

Coñécense como capitalismo cognitivo as prácticas económicas sobre as producións de coñecemento enmarcadas no capitalismo globalizado de finais do século XX e comezos do XXI. Xunto ao capitalismo relacional e o capitalismo dos afectos, é un dos tres puntais do capitalismo sobre bens inmateriais.

Capitalismo cognitivo e propiedade intelectual editar

O seu nacemento está profundamente ligado á xustificación da expresión propiedade intelectual, onde a produción de coñecemento e bens inmateriais están suxeitos á lóxica da escaseza artificial. Esta xustificación conséguese equiparando os bens materiais nos que xa se interiorizou o concepto de propiedade privada baseada na antagonía ("se eu teño un material entón ti non o tes") e a exclusividade ("se é meu, entón eu decido que ti non o podes desfrutar") cos inmaterais onde até entón se relacionaban coa creatividade, a orixinalidade e que cobraban valor por si mesmos no acto directo do comunicado público.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar