Cantillana é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).

Modelo:Xeografía políticaCantillana
Imaxe

Localización
Mapa
 37°36′32″N 5°49′28″O / 37.6089, -5.8244
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla Editar o valor en Wikidata
CapitalCantillana Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.782 (2023) Editar o valor en Wikidata (100,11 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie107,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude34 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataÁngeles García Macías Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41320 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE41023 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcantillana.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453647

Xeografía

editar

No ano 2005 contaba con 9.411 habitantes. A súa extensión é de 107 km² e ten unha densidade de 88,0 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 36' N, 5º 49' W. Atópase situada a unha altitude de 32 metros e a 29 quilómetros ao noroeste da capital de provincia, Sevilla.

Como a capital provincial, Cantillana aséntase na ribeira norte do Guadalquivir, xusto na desembocadura do seu afluente o Viar. Ademais do núcleo principal, tamén pertencen a Cantillana o lugar formado ao redor da estación do ferrocarril, e mais os casaríos de Carretera de Brenes, La Mota e Los Pajares.

Historia

editar

É posíbel que a actual Castillana se corresponda coa romana Ilipa Naeva, e téñense atopado no núcleo restos correspondentes a esa época. Aparece mencionada como Cantiliana por Isidoro de Sevilla nas súas Etimoloxías. Situada no camiño entre Córdoba e Sevilla, Cantillana foi amurallada e convertida nunha praza forte. Como boa parte dos lugares situados nas proximidades de Sevilla, cando o rei castelán Fernando III preparaba a toma da capital ocupou Castillana e desprazou a poboación musulmá en abril de 1247. O monarca dooulle a vila á Orde de Santiago en 1248 e catro anos máis tarde (1252) pasa a depender do arcebispado sevillano. O arcebispo comparte o seu dominio sobre a vila co cabido catedralicio entre 1285 e 1547, cando o rei Filipe II a recupera para a coroa e lla dona ao corsario Juan Antonio Vicentelo de Leca, en pagamento polos servizos, e convértea en condado.

Os edificios máis importantes de Castillana son a igrexa da Asunción, comezada en 1619, e a igrexa de San Bertolameu, do século XV.

Artesanía

editar

Destaca o tecido de mantóns de Manila que desde o século XIX veñen realizando as mulleres de Castillana. Tamén ten tradición o traballo do coiro e a olería.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar