Canterbury Bulldogs

Bulldogs
Nome completo - Canterbury Bulldogs
Fundación - 1935
Localización - Sydney, Australia
Estadio - ANZ Stadium
Capacidade - 83.500
Presidente - Todd Greenberg
Adestrador - Jim Dymock
Capitán - Andrew Ryan
Liga - National Rugby League
Tempada - 2010
Posición - 13º

O Canterbury Bulldogs (agora chamado Canterbury-Bankstown Bulldogs, e no pasado Bulldogs) é un equipo profesional de rugby league da cidade de Sydney, en Nova Gales do Sur (Australia), fundado en 1935, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión 8 veces.

Palmarés editar

Malia acadar o seu primeiro título 4 anos despois da súa fundación, a maior parte dos éxitos dos Bulldogs pertencen á década dos 80.

Títulos nacionais editar

Xogadores editar

 
Hazem el Masri.

Equipo actual editar

Canterbury Bulldogs
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  •   Chris Armit - PR
  •   Ben Barba - FE, HB
  •   Tim Browne - SR, PR
  •   Greg Eastwood - SR, LK
  •   Michael Ennis - HK
  •   Jake Foster - LK, FE, SR
  •   Bryson Goodwin - WG, FB, CE
  •   Dene Halatau - LK, HK, CE, SR
  •   Michael Hodgson - PR, SR
  •   Trent Hodkinson - HB
  •   Jamal Idris - CE
  •   Sam Kasiano - PR
  •   Kris Keating - FE, HB
  •   Michael Lett - WG, CE, FB
  •   Grant Millington - PR, SR
  •   Josh Morris - WG, CE, FB
  •   Mickey Paea - PR, SR
  •   Corey Payne - SR
  •   Frank Pritchard - SR
  •   Josh Reynolds - HB
  •   Ben Roberts - FE
  •   Joel Romelo - HK
  •   Andrew Ryan (1c) - SR
  •   David Stagg - LK, SR
  •   Martin Taupau - PR
  •   Junior Tia-Kilifi - WG
  •   Aiden Tolman - PR, SR
  •   Jonathan Wright - CE, WG

Adestrador

  • Jim Dymock

Asistentes do adestrador

  • Harry Harris
  • Tony Grimaldi
  • Brett Kimmorley
  • Garry Carden
  • Larry Britton

Lenda:
  • (1c) 1º Capitán

Data: 25 de maio de 2011
Fontes: Xogadores dos Bulldogs, Corpo técnico dos Bulldogs

Hazem El Masri foi un xogador que formou nas ringleiras dos Bulldogs dende 1996 ata 2009, e que na súa carreira anotou 2418 puntos, récord histórico da NRL.

En 2004, cando os Bulldogs acadaron o seu último título de campións, ademais de Hazem El Masri e o actual capitán Andrew Ryan, outras grandes estrelas xogaban nos Bulldogs, como Sonny Bill Williams, Willie Mason ou Johnathan Thurston.

En 1995 xogaba nos Bulldogs Terry Lamb, que xa fora campión da NRL co equipo en 1984, 1985 e 1988, con compañeiros como Michael Potter ou os irmáns Mortimer (Steve, Peter e Chris).

 
ANZ Stadium, fogar dos Bulldogs.

Estadio editar

Os Bulldogs xogan os seus encontros como locais no ANZ Stadium, un recinto que foi inaugurado en 1996 e que acolleu as probas de atletismo nas Olimpiadas de Sydney do 2000. O estadio ten capacidade para acoller a 83.500 persoas, aínda que nos encontros da NRL esta capacidade redúcese a 40.000.

Outros equipos xogan como locais neste estadio, como o South Sydney Rabbitohs da NRL e os Sydney Swans da AFL, xa que o recinto é da propiedade da empresa Stadium Australia Group, que o aluga.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar