O canón de pau foi unha arma tipicamente de guerrilla, usada principalmente durante a Guerra da Independencia española (1808-1814), guerra que enfrontou a españois contra os exércitos napoleónicos.

O canón de pau no escudo de Cotobade

Características editar

A arma en si tratase dun canón realizado mediante a unión de cuñas alongadas de madeira dura, coma carballo ou castiñeiro, unidas entre elas con abrazadeiras, e furadas lonxitudinalmente, realizando un canón de artillaría de bastante potencia, pero moi efémero.

Normalmente, estes canóns usábanse en batidas rápidas e defensa de poboamentos onde non había posibilidade de usar artillaría típica, de bronce ou ferro, debido a falta de aparellos, ou por falta de espazo para manobrar.

Estes canóns enchíanse xeralmente de pólvora negra para realizar o disparo, e metralla coma cravos, pedras, anacos de ferro, madeira etc, a modo de proxectís. Contaban cun alcance medio de 20 metros, onde resultaban letais, e non tiñan un peso de carga típico, xa que eran totalmente artesanais.

Ao cabo duns poucos disparos podían acabar ardendo ou rebentando, polo que non eran moi fiables, nin moi duradeiros.

O escudo do Concello de Cotobade posúe un canón de pau, en honor a defensa do poboamento realizado mediante o uso desa arma de artillaría. Un caso documentado de uso destes canóns, foi na batalla de Ponte Sampaio, en xuño de 1809, onde se enfrontaron o exército napoleónico e o exército regular español, xunto ás milicias galegas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar