Campus de Serantes
O Campus de Serantes é un espazo da Universidade da Coruña situado no barrio de Serantes de Ferrol, no que o único centro docente desta Universidade é a Escola Universitaria Politécnica. Canda o campus de Esteiro, constiúen o chamado Campus de Ferrol da UDC.[1]
Campus de Serantes | |
---|---|
Escola Universitaria Politécnica, único centro docente da Universidade da Coruña no Campus de Serantes. | |
Tipo | campus |
En | Ferrol |
País | Galicia |
43°29′59″N 8°14′39″O / 43.49976, -8.2442798333333 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA Escola Universitaria Politécnica de Ferrol xorde en 1972 para acoller os estudos de Enxeñaría Técnica Naval, estudos creados por Orde do Ministerio de Educación Nacional de decembro de 1963, e inica a súa andaina no curso académico 1972-73 no Instituto Concepción Arenal da cidade por non contar con instalacións propias. Na sécada de 1980 ten lugar a transformación da Escola de Enxeñeiros Técnicos Navais en Escola Universitaria Politécnica (EUP), coa incorporación dos estudos de Enxeñaría Técnica Industrial. A EUP creouse pola Xunta de Goberno en novembro de 1987, recibiu o informe favorábel do Consello de Universidades en abril de 1988, e a creación da EUP pola Xunta de Galicia foi publicada no DOG do 19 de agosto de 1988. No curso 1988-89 iniciáronse os estudos de 1º curso de Enxeñaría Técnica Industrial en Electricidade, especialidades de Automática e Electrónica. Posteriormente, a Xunta de Escola de xuño de 1989 solicitou a especialidade de Centrais e Redes. En xaneiro do ano 1990 a Escola foi transferida por Decreto da Xunta de Galicia á Universidade da Coruña, converténdose munha das Escolas máis antigas desta Universidade. O Goberno da Xunta aprobou a especialidade de Centrais e Redes en marzo de 1990.
Novas titulacións
editarEn conformidade co disposto no apartado 2 do artigo 10 do Real Decreto 1497/1987 de 27 de novembro, a Escola comezou no ano 1996 a renovación dos Plans de Estudo para os adaptar ás novas titulacións e, así ao longo do ano 1998, fóronse publicando os acordos do Consello de Universidades homologando os Plans de Estudo conducentes ás titulacións oficiais de Enxeñeiro Técnico Industrial en Electricidade, Enxeñeiro Técnico Industrial en Electrónica, Enxeñeiro Técnico Naval en Estruturas Mariñas e Enxeñeiro Técnico Naval en Propulsión e Servizos.
Notas
editar- ↑ Campus de Ferrol na páxina web da UDC.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Campus de Serantes Arquivado 11 de setembro de 2018 en Wayback Machine. Páxina web da UDC.