Campo Municipal de Monte Porreiro

instalación deportiva en Monte Porreiro (Pontevedra)

O Campo Municipal de Monte Porreiro é un recinto deportivo da cidade de Pontevedra, sito no lugar de Monte Porreiro, homologado para a práctica do fútbol e o rugby. As súas dimensións son de 111 por 72 metros, e a superficie é de herba sintética.

Monte Porreiro

Tipocampo de fútbol e campo de rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Custo753.000 euros
Localización
Mapa
 42°26′47″N 8°37′25″O / 42.44639, -8.62361
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloPontevedra
ParroquiaMourente
LugarMonte Porreiro Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMonte Porreiro, Mourente, Pontevedra
Código postal36162 Editar o valor en Wikidata
EnderezoCalle Irlanda, 1 Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración27 de marzo de 2011
Acontecementos
Dimensións
Tipo superficieHerba sintética
Persoas e organizacións
PropietarioConcello da Pontevedra
OcupanteMareantes Rugby Clube Pontevedra, Pontevedra Rugby Club e Sociedad Deportiva Monteporreiro Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol e rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
LocalíaMareantes RCP
Pontevedra RC
SC Monteporreiro
Wikidata ]

Construción

editar

A construción do recinto obedeceu a unha demanda de varios anos dos veciños de Monte Porreiro que pedían que o vello campo de terra fose arranxado e cuberto de herba artificial. O concello e a deputación de Pontevedra chegaron a un acordo en 2009, e asinaron un convenio polo cal o goberno local achegaría 477.000 euros e o goberno provincial 276.000. A obra foi levada a cabo pola empresa E.C. Casas, e o novo campo foi inaugurado o 27 de marzo de 2011 polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da deputación Rafael Louzán. As instalacións do recinto contan con bancadas desmontables, banquiños, taboleiro electrónico, accesos independentes para deportistas e seareiros, e a posibilidade de partir o campo en 2 campos transversais de fútbol 7 para nenos pequenos. Os promotores da construción teñen falado da posibilidade de instalar un tellado sobre as bancadas, novos vestiarios e unha cafetería.

Localías

editar

Os equipos de rugby Mareantes Rugby Clube Pontevedra, Pontevedra Rugby Club e o equipo de fútbol SD Monteporreiro xogan os seus encontros como locais neste novo recinto deportivo.

Eventos

editar

Dende a súa inauguración, o 21 de maio o club de rugby Mareantes organizou no Campo Municipal de Monte Porreiro o segundo evento do Circuíto Galego de Sevens 2011. O 5 de xuño disputouse alí por vez primeira en Pontevedra a final da edición 2011 da tradicional Copa Xunta de Rugby.