Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2014

O 78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na capital de Belarús, a cidade de Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014. A selección de Rusia que permaneceu invatida durante todo o campionato fíxose coa medalla de ouro ao derrotar na final a Finlanida por 5-2[1]. Suecia logrou o bronce logo de vencer a Chequia por 3-0.

Selo de Belarús dedicado aos mundiais de 2014

Selección da sede editar

O 8 de maio de 2009 a candidatura bielorrusa logrou a maioría dos votos para acoller os mundiais de hóckey sobre xeo de 2014, con 75 votos impúxose a Hungría (24 votos), Letonia (3) e Ucraína (3)[2]. Os recintos principais para disputaren os partidos son o Minsk Arena (capacidade para 15.000 espectadores) e o Chizhovka Arena (capacidade para 8.000), os dous de nova creación, o primeiro inaugurado en 2010 e o segundo completado en 2012.

 
Autobús en Minsk en 2012 anunciando os mundiais de 2014

A selección de Belarús como organizadora causou controversia, realizándose unha campaña internacional para impedilo[3], mesmo o 11 de abril o senador estadounidense Dick Durbin e o congresista Michael Quigley pedíronlle á Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo a levar os campionatos a outro lugar alegando o carácter autoritario do goberno de Aliaksandr Lukašenka e a violación dos dereitos humanos nese país que viría referendado polas sancións impostas ao presidente e 157 dos seus asociados pola Unión Europea e os Estados Unidos. A petición contou co apoio do antigo xogador eslovaco e europarlamentario Peter Stastny[4]. Non obstante, a FIHX aduciu que os seus estatutos non permiten a discriminación por contextos políticas e voceiros das federacións lituana e letoa argüíron que non desexaban mesturar a política co deporte[5].

Participantes editar

Participanron equipos de Europa, América do norte e Asia. Cada selección nacional debeu acudir como mínimo con 15 xogadores de movemento, entre atacantes e defensores e dous porteiros e como máximo con 22 xogadores de movemento e tres porteiros.

13 de Europa  
Belarús
 
Dinamarca
 
Finlandia
 
Francia
 
Alemaña
 
Italia
 
Letonia
 
Noruega
 
Chequia
 
Rusia
 
Eslovaquia
 
Suecia
 
Suíza
2 de América do norte  
Canadá
 
Estados Unidos
1 de Asia  
Casaquistán

Rolda preliminar editar

 
14 de maio de 2014, República Checa 2:0 Italia

Os equipos dividíronse en dous grupos para xogaren unha rolda preliminar, ao seu remate os catro primeiros equipos de cada grupo xogaron os cuartos de final, mentres o último clasificado retrocedeu á División IA.

Grupo A editar

Posición Partidos xogados Gañados Gañados na prórroga Perdidos na prórroga Perdidos Goles a favor Goles en contra Diferenza Puntos
1.   Canadá 7 5 1 1 0 28 13 +15 18
2.   Suecia 7 5 1 1 0 21 10 +11 18
3.   República Checa 7 2 2 2 1 20 18 2 12
4.   Francia 7 2 2 1 2 25 20 +5 11
5.   Eslovaquia 7 3 0 1 3 20 21 -1 10
6.   Noruega 7 2 0 1 4 16 19 -3 7
7.   Dinamarca 7 1 1 0 5 8 14 -6 5
8.   Italia 7 1 0 0 6 6 25 -19 3

Grupo B editar

 
Os partidos do grupo B xóganse no Minsk Arena
Posición Partidos xogados Gañados Gañados na prórroga Perdidos na prórroga Perdidos Goles a favor Goles en contra Diferenza Puntos
1.   Rusia 7 7 0 0 0 31 7 +24 21
2.   Estados Unidos 7 4 1 0 2 27 23 +4 14
3.   Belarús 7 4 0 0 3 18 17 +1 12
4.   Finlandia 7 3 1 0 3 18 15 +3 11
5.   Suíza 7 2 0 0 2 9 12 -3 10
6.   Letonia 7 3 0 0 4 20 24 -4 9
7.   Alemaña 7 1 1 0 5 13 23 -10 5
8.   Casaquistán 7 0 0 2 5 16 32 -16 2

Fase final editar

Cuartos de final Semifinal Final
                   
22 de maio        
   Canadá   2
24 de maio
   Finlandia   3  
   Finlandia   3
22 de maio
     República Checa   0  
   Estados Unidos   3
25 de maio
   República Checa   4  
   Finlandia   2
22 de maio
     Rusia   5
   Rusia   3
24 de maio
   Francia   0  
   Rusia   3
22 de maio
     Suecia   1  
   Suecia   3
   Belarús   2  


Goleadores editar

 
Volat, mascota oficial de Minsk 2014
Xogador PX G A Pts +/− PIM POS
  Rusia Viktor Tikhonov 10 8 8 16 +10 10 A
  Rusia Danis Zaripov 10 3 10 13 +7 6 A
  Rusia Sergei Plotnikov 10 6 6 12 +7 12 A
  Finlandia Jori Lehterä 10 3 9 12 +4 10 A
  Francia Antoine Roussel 8 6 5 11 +6 16 A
  Suecia Joakim Lindström 10 5 6 11 +4 4 A
  Eslovaquia Michel Miklík 7 4 7 11 +5 0 A
  Rusia Alexander Ovechkin 9 4 7 11 +6 8 A
  Estados Unidos Seth Jones 8 2 9 11 +8 6 D
  Estados Unidos Johnny Gaudreau 8 2 8 10 +4 2 A

PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/− = Plus/Minus; PIM = Penaltis en minturos; POS = Posición
Fonte: IIHF.com

Porteiros principais editar

Os mellores cinco porteiros, baseándose na porcentaxe de tiros parados, e que xogaran cando menos o 40% dos minutos do seu equipo.

Xogador TX GE MGE TP P% PRI
  Rusia Sergei Bobrovsky 480:00 9 1.13 181 95.03 2
  Noruega Steffen Søberg 175:45 6 2.05 116 94.83 2
  Belarús Kevin Lalande 240:37 5 1.25 80 93.75 0
  Suecia Anders Nilsson 545:11 14 1.54 224 93.75 2
  Canadá Ben Scrivens 241:07 7 1.74 112 93.75 0

TX = Tempo xogado (minutos:segundos); TP = Tiros á súa porta; GE = Goles encaixados; MGE = Media de goles encaixados; P% = Porcentaxe de paradas; SO = PRI = Partidos sen recibir goles
Fonte: IIHF.com

Notas editar

  1. iihfworlds2014.com, ed. (26 de maio de 2014). "Perfect gold for Russia!". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2014. 
  2. "Belarus lands 2014 Worlds". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2014. 
  3. "Minsk2014 Campaign site". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2014. 
  4. "US lawmakers: Move ice hockey tourney from Belarus". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  5. EUobserver, ed. (23 de marzo de 2012). "Ice Hockey finals in Belarus still on schedule". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2012.