Campionato Mundial de Tríatlon de Velocidade

O Campionato Mundial de Tríatlon de Velocidade foi un campionato de tríatlon celebrado sobre a metade da distancia estándar, isto é, 750 m de natación, 20 km de bicicleta e 5 km a pé.

Campionato Mundial de Tríatlon de Velocidade
Fundación2010
Desaparición2011
Máis laureado Jonathan Brownlee (2)
OrganizadorITU

O campionato inaugural celebrouse en 2010, e foi organizado pola Unión Internacional de Tríatlon. En 2011 o campionato celebrouse nunha proba que formaba parte das Series Mundiais de 2011. Con todo, despois de 2011 celebráronse múltiples eventos nesta distancia como parte das Series Mundiais e non se fixo ningunha clasificación con eles nin se entregou ningún título no nivel de elite. Actualmente só se celebra por grupo de idades, o mesmo día que a gran final das Series Mundiais.

Palmarés editar

Masculino editar

Ano   Ouro   Prata   Bronce
2010[1]   Jonathan Brownlee   Tim Don   David Hauss
2011[2]   Jonathan Brownlee   Javier Gómez Noya   Alistair Brownlee

Feminino editar

Ano   Ouro   Prata   Bronce
2010   Lisa Nordén   Emma Moffatt   Daniela Ryf
2011   Bárbara Riveros   Emma Jackson   Andrea Hewitt

Sedes editar

Ano Data Lugar
2010 21 de agosto   Lausana
2011 20 de agosto   Lausana

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "Jonathan Brownlee se lleva el oro en el estreno del Mundial sprint" (en castelán). 21 de agosto de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Gomez Noya acaba segundo en Lausana y cede el liderato". RTVE (en castelán). 20 de agosto de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2019.